leoeosseus

Tuesday, July 22, 2008

Eu non son do blogomillo



Hai tempo lin nun blogo as características que había que ter para pertencer ao blogomillo e quero saber se as cumpro.


Netiqueta pra blogomillo


É necesario. O colectivo "autóctono" enxebre e auto publicitado ven-de un exemplo do pulo na Galiza. O "colectivo" blogueiro jallejo está auto denominado como blogomillo. Espero que non todo. Como colectivo que perpetra na rede os seus feitos necesita dunhas definicións e xeitos proprios que o diferencien.

UN TI NON podes formar parte do blogomillo, o blogomillo non elixe nen é elexido polos seus integrantes. Iso fano dende fora ( e a isto digo non sei como se elixe. Creo que con ter un blogo en galego xa formas parte do blogomillo. Por este motivo eu formaría parte do blogomillo. Igual que o Nemigo. Punto a favor.)

DOUS é o número mínimo de blogueiros necesario pra ser oficialmente do "movemento" Cando te citen dúas veces xa tes colar ( será. Non sei. o blogomillo non creo que sexa un movemento. Eu creo que teño ese colar posto por máis de dúas persoas. Punto a favor.)

TRES é o número máximo de entradas que pode facer un blogueiro nun mes ( aí desentono. En abril escribín 17 posteos. Poño abril porque foi o mes anterior a esta categorización e así non puiden facer trampas. Segundo a definición do Nemigo eu non pertencería ao blogomillo.)

CATRO nunca serás do blogomillo se non participaches nalgunha xuntanza do clan ( Eu participei en dúas e xa me considera de antes membro do blogomillo.)

CINCO por el culo... ( sae un ornitorrinco ?. Punto nulo.)

SEIS nunca, nunca, endexamáis no blogomillo se fala do agro ou do mar iso non é geek ( vaia, cando falo da natureza ou de vendimas deixo de pertencer ao blogomillo.)

SETE a cidade. O blogomillo é urbanita ( No meu caso falo de vilas e aldeas e mui pouco de cidades.)

OITO a ser posible se bloguea dende madrí ou barna outras cidades do estado dan menos sona ( eu empecei escribindo dende os EEUU así que serei do máis. Agora blogueo dende unha vila así que non son blogomilleiro.)

NOVE comentarios: nen unha chistada. O dito no blogomillo é a única mentira verdadeira ( remítome a abril: 173 comentarios e restamos 8 que fixen eu e a conta resulta 165. Non son do blogomillo.)

DEZ sen argumentos. As reflexións do blogomillo teñen a profundidade dunha fochanca ( non procuro reflexionar. Non son así. Punto a favor da pertenza ao blogomillo. )

ONCE sen visión. O blogomillo ten pendente falar da actualidade e do país ( se actualidade é política, novas de periódico e deportes de masas entón engado un punto a favor da miña pertenza ao blogomillo.)

DOCE endogámico. O blogomillo é endogámico. Só sabe de porno e pra iso pouco e malo ( eu pouco navego fóra das miñas ligazóns. O porno non é o meu. Metade a favor, metade en contra. )

TRECE ERDF no blogomillo sería incesto ( non entendo este punto. Coma o cinco.)

CATORCE prescindible. O blogomillo é prescindible ( totalmente a favor. Antes non existía e viviamos igual. O mesmo pasa cos coches, coa tele, cos ordenadores, etc. Pertenzo ao blogomillo. )

QUINCE subvencionable. O blogomillo gustaría da sopa boba en san caetano ( quen non ?. Pero non creo que se dea o caso. O meu blogo non entraría neste punto.)

DEZASEIS inútil. O blogomillo non serve pra nada e nada aporta ( depende. Serve para comunicación entre xente de gustos minoritarios e a distancia que doutro xeito non se podería comunicar. )

E o resultado sería... Cinco puntos a favor, tres nulos e oito en contra; logo eu non pertenzo ao blogomillo.

Labels:

20 Comments:

At 7/23/2008 12:18 PM, Blogger bagoas insomnes dixo...

Ups1
ai!
jejej!
así clariño clariño e como a min me justa q se digan as cousas!


de feito,creo q vouno ler de novo, jeje e ademáis voume informar ben e ben, a ver si son ou non son, aínda q paso bastante de ser de niguén!

o q si teño curiosidade e polo punto cinco, ji!
bueno un saúdiño para todiños sexades ou non do .....................

 
At 7/23/2008 2:02 PM, Anonymous câosemdono dixo...

Eu engadiría: pecar un pouco de inseguridade personal e que o noso propio embigo sexa un motivo de contemplación recurrente. Claro que estas son condicións inherentes a todo blogueiro (blogomilleiro ou non) que se precie. Personalmente non sei se pertenzo ou non ó colectivo. En calquera caso, miña nai sempre insiste en que mire moio con quen me mesturo...

 
At 7/23/2008 6:46 PM, Anonymous Iria dixo...

Nin sabía do blogomillo e, tal e como o presenta vostede, creo que seguirei sin saber...
Biquiños ó Leo, que xa facía tempo que non me pasaba.

 
At 7/23/2008 7:16 PM, Blogger Carlos Sousa dixo...

Algo do blogomillo tiña visto por ahí, non sabía que era, e ainda no nó sei, busquen en Google, aparecen 5000 e picos blogs inscritos, o teu é o nº 18.
Non me entero de nada.

 
At 7/23/2008 9:20 PM, Blogger Meninheira dixo...

This post has been removed by the author.

 
At 7/23/2008 9:22 PM, Blogger Meninheira dixo...

ains, que tiña un cativo no colo.

Só eran uns risos, é unha mensaxe moi retranqueira. :)

 
At 7/23/2008 10:26 PM, Blogger Lúa dixo...

con tódolos respetos, nin son do blogomillo nin jañas...menuda m.e.r.d.a!!!!!!!!!!!!!!!

 
At 7/24/2008 12:35 AM, Blogger abueloscrisytoño dixo...

O mellor da vida é poder facer o que un quere, tratando de non molestar a ninguén e cando se decide facer un blog un ten que seguir as súas propias ideas ser un mesmo e seguir adiante. Ninguén ten dereito a dicirche como tes que facelo. Si acepto as axudas de persoas como ti que son sensatas e sabias.
Un saúdo A. Cris

 
At 7/24/2008 9:14 AM, Blogger ictioscopio dixo...

a mala fonte fuches dar para "definir" o blogomillo... :P alguén vai pensar que esa netiqueta é real e o blogomillo é un clube con "reservado o dereito de admisión", cando non é máis, ou eu sempre o entendín así, que a totalidade dos blogs escritos en galego como xeito diferenciador. O que pasa é que cando xurdiu o termo eranse catro gatos e agora son máis de 5000, e claro, aquel sentimento de colectividade unida e próxima perdeuse. Agora supoño que o blogomillo está feito de pequenos grupos afins, coma calquera pandilla na vida fóra da rede; e apenas hai relacións entre uns e outros agás por algúns que andan en varias desas camarillas ao tempo, o cal non é nin bo nin malo, simplesmente unha evolución natural.
Por tanto podería dicirse que o blogomillo somos todos e ninguén, e cada un ao seu xeito, os sociables e os que van a súa bóla (como o que escribiu ese "dezaseisálogo").

saúdos

 
At 7/24/2008 9:29 AM, Blogger ictioscopio dixo...

Isto é de hai case que dous anos pero pode ser bastante ilustrativo, aínda que hai opinións algo ventureiras...
E como poderedes ler, hai quen di que o blogomillo está morto, por tanto, que máis ten ser ou non ser? :P

 
At 7/24/2008 9:44 AM, Blogger LM dixo...

hehehehe...que simpático...

 
At 7/25/2008 12:36 AM, Blogger Peke dixo...

Flipo. De verdade. O blogmillo foi un invento de María Yáñez, Todonada. Quen pon regras ao que non debería ter ningunha regra? Quen se atreve a apropiarse de algo que non lle pertence? Porque en internet nada é de nínguén. Non sigo porque me incendio.

 
At 7/25/2008 11:13 AM, Blogger Meninheira dixo...

Eu creio que esa mensaxe era pura retranca eh? ;)

 
At 7/25/2008 9:00 PM, Blogger Kaplan dixo...

daquela eu non son do blogomillo (nin can que me ladre); ademais, estou con peke: ninguén lle poña portas ao campo

 
At 7/25/2008 9:11 PM, Anonymous Paquito de Penas dixo...

A min non me parece moi acertado ese decálogo, pero bueno, xa se sabe que a xente sempre ten a necesidade de medilo todo.
Unha aperta.

 
At 7/26/2008 12:43 PM, Blogger Marinha de Allegue dixo...

Eu tamén flipo, pásame coma Peke.
Sen palabras.

Coideseme e disfrute do verán!!!.

Beijinhos para toda a familia.
:)

 
At 7/27/2008 11:16 PM, Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos polos vosos comentarios.
Eu penso que o Nemigo este quere buscar bulla e non lle gusta como está montado o asunto blogueiro en Galicia.
O blogomillo é algo mui complexo ( explícao ben ictioscopio ) e non se pode definir sinxelamente.

 
At 7/28/2008 1:53 AM, Anonymous Doutora Seymour dixo...

As etiquetas limitan e tenden a uniformar. É moito máis interesante ver como cada un vai á súa bola, enriquece moito máis.

 
At 8/02/2008 7:28 PM, Blogger Ghanito dixo...

meu benquerido acedre, don't feed the troll

E por sorte, o blogomillo (os blogues escritos en galego, sen mais condicións de pertenza) segue vivo, ainda que sexan outros novos os que manteñan o seu pulo.

E ilustres veteráns coma vostede, claro :D

 
At 1/19/2009 8:44 AM, Blogger sexy11 dixo...

情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣用品,情趣用品,情趣,情趣,A片,A片,情色,A片,A片,情色,A片,A片,情趣用品,A片,情趣用品,A片,情趣用品,a片,情趣用品
A片,A片,AV女優,色情,成人,做愛,情色,AIO,視訊聊天室,SEX,聊天室,自拍,AV,情色,成人,情色,aio,sex,成人,情色

免費A片,美女視訊,情色交友,免費AV,色情網站,辣妹視訊,美女交友,色情影片,成人影片,成人網站,H漫,18成人,成人圖片,成人漫畫,情色網,日本A片,免費A片下載,性愛

情色文學,色情A片,A片下載,色情遊戲,色情影片,色情聊天室,情色電影,免費視訊,免費視訊聊天,免費視訊聊天室,一葉情貼圖片區,情色視訊,免費成人影片,視訊交友,視訊聊天,言情小說,愛情小說,AV片,A漫,AVDVD,情色論壇,視訊美女,AV成人網,成人交友,成人電影,成人貼圖,成人小說,成人文章,成人圖片區,成人遊戲,愛情公寓,情色貼圖,色情小說,情色小說,成人論壇

A片,A片,A片下載,做愛,成人電影,.18成人,日本A片,情色小說,情色電影,成人影城,自拍,情色論壇,成人論壇,情色貼圖,情色,免費A片,成人,成人網站,成人圖片,AV女優,成人光碟,色情,色情影片,免費A片下載,SEX,AV,色情網站,本土自拍,性愛,成人影片,情色文學,成人文章,成人圖片區,成人貼圖

 

Post a Comment

<< Home