Amigos e furanchos

Onte ceamos cuns amigos e hoxe xantamos con outros. Onte foi na casa deles e hoxe nun furancho. O mal tempo e a retirada súpeta e sen preguntar dos pratos de comida foron dous aspectos negativos pero a boa compaña e o cambio de aires compensou todo.
A foto é unha vista da ría de Vigo dende o furancho trucada usando picnik.
Etiquetas: interrede II
13 comentarios:
A foto é espectacular!!!
Eu o que non soporto e que tarden moito en retirarmos despois de rematar. Se alguén o fai denantes...corre verdadeiros ríscos de am-puta-ción.
Non sabía que che gustaba distorsionar a realidade, sempre pensei en ti nitidamente :-)
Xa me enviciache co Picnick ese hahahaha
Parece que temos a axenda apertada, eh? A ver se o Leo atura o ritmo.
Unha aperta.
Pois a min o dos furanchos non me vai moito........
Eu estou con Veca, os furanchos non son o meu. Saúdos
A boa compaña é o máis importante, despois de todo.
Anque sexa un bocadillo, cos amigos sabe a gloria :-)
Ora bem andamos numa de conviver. Fazem muito bem. Ninguém é uma ilha, todos precisamos de amigos.
Tudo de bom para vós e como suponho que está de férias, boas férias
Um abraço
Hai furanchos hoxe en día que son verdadiros restaurantes, para mín perderon a razón de ser que tiñan antigamente, vender o viño sobrante a chiquitas con algún pinchiño para que baixara millor.
encántame isto dos furanchos
na miña aldea, preto de Santiago, non os coñecen, "non se estilan"
que si é legal... que si é ilegal... que son competencia desleal...
a mín gústanme
o Leo co grande que está, seguro que sí atura o ritmo
bicos
Eu estou con silvana.....A foto encantoume, e quedei con ela para o meu archivo particualr, se non tes inconveniente.
O dos furanchos.......Pasalo cos amigos.
A mi me encantan os furanchos, e mais as tapas que poñen.
Que fame entroume,jeje
Bicos
Si señor, !espetacular!!!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio