Voltas por aí
Esta fin de semana tivemos unha visita dunhas foráneas e andamos de guías turísticos.
En Santiago demos unha volta pola carballeira de Santa Susana, probamos dóces que ofrecen pola rúa do Franco, demos unha volta pola catedral ( que ten o pórtico da Groria en restauración ), xantamos pola zona do Preguntoiro e visitamos o pazo de Fonseca onde había unha exposición adicada ao himno galego.
No domingo fomos en barco á illa de San Simón, unha visita que recomendo pola cantidade de datos curiosos que din da illa nunha visita acompañada pola illa de San Simón e San Antón. Para pedir praza no barco hai que reservala nun teléfono da páxina web da Fundación Illa de San Simón. A visita é gratuita e fermosa porque a illa é máis grande do que aparenta. Logo fomos ao castelo de Soutomaior e a Arcade onde hai un monumento do que falarei outro día.
Etiquetas: viaxes
4 comentarios:
E foches co neno? e gostou ou fíxoselle pesado?
Mesmo vou ir cos meus pequenos!
Grazas :)
Ola Pedro: Hai días que non ando sobrado de tempo para deixarche algún comentario.
Vexo que ti segues moi activo e acabas de suscitarme o ineterese para ir visitar a Illa de San Simón con esas reminiscencias de Mendiño e o lazareto que alí houbo. Tamén tivo a súa relevancia negativa durante a Guerra Civil. É certo, no plano semella moito máis grande ca mirándoa desde Redondela ou desde Rande.
Unha aperta, amigo. Tamén para Leo.
Pois haberá que coller os rapaces un domingo e ir a visitala, ten boa pinta, sempre me pareceu un pouco enigmática.
Un Saúdo.
a nós aseguráronnos que nom é nada perigoso para o terremoto que temos em casa e aliás que merece muito a pena para uma mente como a de laura. também iremos por aló.
curiosidades: o guía chámasse matías como o nosso terremotito.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio