A lúa e os porcos
Hai unha viñeta xenial de Castelao onde saen dous porcos falando e un di: Que boa vida a nosa ! e o outro contesta: Mágoa que non durase ( creo lembrar ). Bueno, pois aos porcos de Arbo chegoulles o seu san Martiño hoxe porque a lúa estaba boa para matalos.
Etiquetas: etnografia II
14 comentarios:
perdón, señor paideleo, pero o que non sabe pregunta: que tiña de bon a lúa hoxe para matar os porcos? moi agradecido
Pobres currichiños :)
E tócache a ti manexar o coitelo? Nunca me gustou demasiado o día da mata, demasiadas emocións e contrastes de temperatura.
Pobres animais de deus... ;-)
Unha aperta.
Antón.
Futuros cocidos nos agardan, je je.
No me gustaba nada, cuando aún mataban los cerdos en mi casa, los chirridos de los animales son horríbles.
Pero tengo que decir, que solo como carne de cerdo....vaya contradicción,verdad?
bicos
Estamos no tempo. Pero non sei se a frase "aos porcos de Arbo chegoulle o seu San Martiño" foi a máis afortunada...
A fin de semana que estivemos no Courel vimos como despelexaban e abrían dous xabaríns (eu pensaba que os chamuscaban coma os porcos e quedei pampa cando tal vin). Dar dan moita mágoa, pero que ben sabía o xabarín con castañas que nos puxeron de cea. Case estoupo coa farta.
Pois chegoulle o seu San Martiño, e con él as matanzas. Non é algo que me agrade moito, pero teño que fastidiarme e botar unha man. Os cocidos compénsanno despois.
Un saúdo.
Eso, que tiña de bo a lúa?
Aquí en Ribeira, o primeiro ano que estivemos mataron o porco en pleno mes de agosto. Seica cos arcóns non fai falta que ó tempo estea frío para matalos.
Que en paz descansen nos vosos estómagos.
Bo proveito e moitos saúdos.
home, pobres, pobres pero que ben que saben!!! Apertas!
na miña casa fai moitos anos, cando ainda se facia matanza,lembro , un dia que a miña nai dixo: está boa luna para matalo porco, estaba por ali unha amiga da casa moi especial dixo:¿QUEREDESME DICIR QUE TEN QUE VER,A LUNA COS COLLONS DO PORCO?.eu as veces ainda o penso pero, supoño que son cousas doutros tempos
e que rixons devem sair de ai!
beijos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio