leoeosseus

luns, 10 de novembro de 2008

Pincha



Estes días pasados non foron de demasiadas novidades polo tempo que fixo que non animou a facer nada especial. O sábado estivemos nunha casa onde había unha Wii pero non quixen xogar. Supoño que preferiría botar unha partida de pincha que é como coñecemos por Vilaguindastre o xogo da billarda.

Na Liga Nacional de Billarda xogan dun xeito pero eu lembro outras normas que tratarei de explicar. Nós xogabamos dous contra dous ou tres contra tres. Escollíase o grupo xogando a pares ou nones. O que gañaba escollía compañeiro pero logo empezaban o xogo os outros. No chan marcábase un cadrado cos lados da lonxitude do palán ( pau longo ) e no centro un suco que era onde se cruzaba a pincha ( o pau pequeno de puntas afiadas ). Co palán facíase palanca por baixo da pincha e lanzábase a pincha polo aire. Os contrincantes estaban diante e se a collían no aire pasaban a sacar eles. Se non a collían tiñan que lanzar a pincha dende onde caíra á base onde se deixaba o palán cruzado no suco. Se a pincha tocaba o palán ou quedaba dentro da base o lanzador quedaba eliminado e se non se daba ese caso o lanzador pasaba a golpear a pincha elevándoa polo aire e lanzándoa lonxe da base cun golpe dado co palán. Tiña tres golpes e logo pedía os puntos que eran múltiplos de cinco ( o mínimo era cinco ) e coincidían coa medida do palán. Se os contrarios admitían o pedido o lanzador volvía tirar ata que o eliminaban. Se non admitían os puntos pedidos había que medir e quen tiña razón levaba o dobre dos puntos pedidos e pasaba a tirar a pincha. Así se xogaba ata chegar aos puntos prefixados antes de empezar o xogo que normalmente eran douscentos ou cincocentos.

Aquí deixo unha ligazón a un vídeo interesante cunha variante de billarda que tamén xogabamos nós pero que, neste caso, é das Canarias.

A foto é da interrede pero é dun ministerio así que é de todos.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 11/11/08, 01:27 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Passei. Como não sei jogar, deixo um abraço e votos de uma boa semana

 
Ás 11/11/08, 17:10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Por aquí pola nosa zona, chamaselle "o pateiro". Eu nunca xoguei, pero teño coñecidos que o xogaron de pequenos. Fai uns anos fixerán unha xuntanza para lembrar o xogo, e fora un éxito.

 
Ás 11/11/08, 20:20 , Blogger ValdoLouro dixo...

Por Budiño tamén se xogaba así, dou fe.

 
Ás 11/11/08, 20:23 , Blogger LM dixo...

pois por aquí nom me lembro de ver tal coisa... vou investigar porque fiquei com curiosidade de velo em vivo e em directo.
beijos

 
Ás 11/11/08, 22:07 , Blogger rui dixo...

Explicáranme o xogo hai anos na Estrada e estiveramos tentando xogalo mas sen moito éxito. Creo que lle chamaban a marela, ou era o nome da peza que se golpea.

 
Ás 13/11/08, 12:01 , Blogger LM dixo...

http://www.vieiros.com/nova/70236/multan-un-xogador-que-levaba-paus-de-billarda-no-maleteiro-do-seu-automobil

beijos

 
Ás 14/11/08, 13:21 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa o contaba no primeiro post, eu xogaba a estornela. Tiña un perigo de coidado, ás veces pasaba ese chuzo lambendo a testa :-)

 
Ás 22/11/08, 12:05 , Blogger An dixo...

AAqui, de onde son eu, xogabamos cas mesmas reglas ca ti...e chaamabamoslle do mesmo xeito...que teMpos aqueles. saúdos e apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio