Páxinas

mércores, 24 de decembro de 2008

Boas festas !


Entre o traballo e a vida real ( uns portugueses pondo tarima flotante na casa e a posterior limpeza ) non teño muito tempo para a interrede. Iso si; quero desexar boas festas a quen lea isto e pido un día tan só no que non morra un neno á fame. Non pido muito pero sei que é un imposible.
Que o Apalpador e as pupieiriñas sexan xenerosos contigo e que sigan adiante as gañas de vivir que valen máis ca os cartos todos.
Graciñas a todos e especialmente a quen me enviou correos como a postal da imaxe enviada por An.

22 comentarios:

  1. Boas Festas, Paideleo!

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. Unha aperta moi grande e os meus votos por que teñades unha festas de excelencia e benestar espiritual.

    ResponderEliminar
  3. boa noite e un biquiño para o leiño,a mágoa é que esté tan lonxe para mín porque vou facer de mamá noel e farialle unha visitiña...inda así direille aos meus colegas de vosa vila que non se esquezan.

    ResponderEliminar
  4. feliz noiteboa e mellor nadal para todos e un bico para o leo. creo que entre todos teremos que botar unha mao ao apalpador para que faga fortuna no sucesivo entre nós.

    ResponderEliminar
  5. A raíz de ler o comentario de Vermella, veume á idea unha petición: Non poderían vir tamén "Apalpadoras"?...

    Feliz Nadal!!!

    ResponderEliminar
  6. Bo Nadal pra leo e os seus ;)

    ResponderEliminar
  7. Boas festas para os tres
    biquiños

    ResponderEliminar
  8. Por certo, gustaríame que cando puideras me contaras a lenda das pupieriñas, de onde ven e onde podo atopar máis referencias.

    Biquiñossssssss

    ResponderEliminar
  9. O xa dito...moi bo día e vida en xeral :)

    ResponderEliminar
  10. Boas Festas con moito cariño para toda a familia desde a Selva de Esmelle.

    ResponderEliminar
  11. boa noiteeeeeee!!!!!!!! que o apalpador vos traia unha manchea de felicidade!!!

    ResponderEliminar
  12. siiiii, boas festas paideleo, naideleo, leo e demasi familia. un biquiño moi forte e disfrutade como todolos dias, das compañas!

    un abrazo forte e un sorriso como ese que andivemos a esconder o leo mais eu nesa árbore!

    encantame atoparon a todos ou a case todos, por aqí, boas festos para todos !

    ResponderEliminar
  13. Entendote moi ben no asunto dos obreiros, a miña casa foi un desastre durante un tempo, e agora hai que recolocar os mobeis e as demáis cousas (libros sobre todo) así que non teño moito tempo de nada, so limpar en fin...
    Vaian para tod@s desde Valdeorras, os meus mellores desexos de felicidade para estas datas, e que o vindeiro 2009 sexa moi afortunado
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  14. Feliz Nadal e un bico para todos, incluiad a nena

    ResponderEliminar
  15. Continuamos aprendendo. Apalpador e as Pupieiriñas. Preciosos os dous contos.

    ResponderEliminar
  16. Boas festas!

    Mrs. Doyle

    ResponderEliminar
  17. Mira ti que eu nunca antes escoitara falar do Apalpador,, e ultimamente....
    O outro dia na television, entereime da sua existencia, e tradicion oral nas aldeas do CAurel....despois atopei en Ferrol un cartel, animando a xente, a participar na chegada do apalpador...e agora ti....
    Cousas da ignorancia, nas costumes e tradicions ancentrais...
    Boas festas, e moita sorte e salud sempre.

    ResponderEliminar
  18. boas festas e feliz entrada no novo ano!!!!
    beijinhos

    ResponderEliminar
  19. Ogallá que o ano 2009 sexa xeneroso e que nos deixe gozar da vida e medrar nela.

    Apertas ao lonxe!

    ResponderEliminar

És humano ti ?