leoeosseus

mércores, 21 de xaneiro de 2009

Trisquel sospeitoso


Hai un pub en Vilaguindastre que está coa enésima remodelación e cambio de dono. O cartel parece inofensivo e espero que non teña nada que ver cuns que teñen vídeos no " you tube ". Non poño ligazón pero se che interesa busca en " you tube " Galicia nacionalsocialista.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 21/01/09, 09:46 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Ben, o trisquel era un símbolo celta (prerromano en todo caso) que ata agora se ligaba co nacionalismo. Non sabía que xentalla así se apropiara do símbolo.
"Galicia nacionalsocialista"? son dúas palabras que non pegan, como "intelixencia militar" ou "ataque preventivo".

 
Ás 21/01/09, 12:09 , Blogger An dixo...

foder...que mal rollo dan...non pensaba eu que cousas asi tivesen cavida por estes eidos, agardo que non teña que ver nada co bar ese e que a cousa quede nunha anedota. Saúdos meu

 
Ás 22/01/09, 00:09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Nese local aínda estiven algunha vez, mira que non leva cambiado de nome nin nada, ata creo recordar que chegara a arder.

Ó caso, como me fastidia que se usen símbolos antiguos para certas ideoloxías (por chamarlle dalgunha maneira) e logo haxa que identificalos con esa... non sei como charmarlle.

 
Ás 22/01/09, 13:00 , Blogger Merce dixo...

A min sempre me chamaron estes simbolos, polo contido do que representan: "equilibrio entre corpo, mente e esprito, manifestacion do principio e o fin, a eterna evolucion e o aprendizaxe perpetuo" (sacado da gloriosa wikipedia). Gustame polo seu contido celta, non sei, tirame, pero sempre dende un punto de vista cultural.

Non me gusta que se politicen identidades culturais, e moito menos que un grupo politico faga mal uso delas dando lugar a confusion, e que, en realidade non me gusta a politica, aborrezcoa, tampouco a entendo nin quero entendela de todo, seria sumerxirme nela, e ben seguro que afogaria.

Biquiños :)

 
Ás 22/01/09, 19:38 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Moito galeguismo por fora e despois dentro seguro que todas han ser colombianas...
(Non pretendo ofender eh; solo quería facer unha broma)

 
Ás 23/01/09, 12:31 , Blogger LM dixo...

quedei sem palavras...
beijos

 
Ás 03/04/10, 08:11 , Blogger Francisco Sotelo dixo...

estos son un una copia barata dun grupo fascista bretón, podes observar, o trisquel era o que o partido independista bretón utilizaba para representar ó mundo celta, sumado a bandeira de unha cruz, coma do fondo do cartel.

paréceme ilóxico que poda existir este tipo de xente con estas ideas de unha sola raza, non á inmigración e odiando a mestura de culturas. estes cabrones teñen medo a que os árabes, ou os africanos nos acaben dominando.Ou quen sabe, inda pior, os chinos! Que por certo, existe una idea equivocada de este grupo.

E en xeral, existen ideas equivocadas acerca dos inmigrantes, eu non creo en esto do nacional-socialismo como eles lle chaman (neo-nazismo) eu creo na democracia total, como ocorre en suiza ou en bélxica, joder non é tan difícil, hoxe hai tecnoloxía, hai medios, pero non hai cultura, solo ignorantes que apoian ideas políticas anticuadas,fascistas e obsoletas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio