Monday, March 16, 2009

A rebelión das máquinas


Neste tempo tolo no que florecen as cerdeiras mentres as laranxeiras dan fruto parece que hai unha rebelión das máquinas: tele, secadora, DVD, coche ... Un desastre. Semella que temos a bruxa.

12 comentarios:

Antón de Muros said...

Xa pasará, ánimo!

Que flores máis fermosas.

Unha aperta.

Antón.

F. Míguez said...

Supoño que igual perdo algo de crédito como (proxecto de) enxeñeiro por dicir isto, pero o certo e que esas bruxas que escarallan as máquinas existen. Máis ben, eu penso que son algo coma un duende ou o mesmo «tardo».
So coñezo dúas alternativas: ter paciencia e agardar a que se aburra e marche a fastidiar a outro lado, ou darlle outra cousa que o entreteña máis hasta que lle pase a idea :)

HADEX said...

Ah sí,sempre se rebelan xuntas.....acaba de caducarlles a garantía??? E que nunca falla...

peke said...

Pero terán amaño, non?

Mer said...

é o duende, disque en tódalas casa felices hai un

gallega said...

Xa me di conta,cuando baixo o xardin e veo os naranjos petaditos e os demais en flor.Igual ca tua foto.

Bicos

Barreira said...

A ver que pasa con Maio, porque con Marzo xa o sabemos.
Saudos.

Cuspedepita said...

Din os vellos que nunca ven unha soa :-)¡Paciencia!

Pau said...

Temos, temos a bruxa porque xa non saberiamos que facer sin todas esas maquinas

Merce said...

Un pequeno revoltoso e alporizado trasno que andara facendo das suas :)

Cansarase.

Biquiños.

Carlos Sousa said...

É ben verdade, cando veñen, parece unha cadea. A min pasoume fai 2 meses, un trasto detrás do outro, e ata o coche, que o escarallei contra un xabarín.

An said...

oes, pois o mesmiño aconteceunos onte a nós, que queriaos tirar todo pola fiestra...inda vai ser que ñé certo :D Saúdos meu