Leo sen escola
O Leo quedou sen cole porque ten deficiencias que non se poden consentir. Non é lóxico que non teña calefacción nin aire acondicionado, que haxan humidades e pingueiras, que non funcionen billas nin cisternas, que o chan sexa esvaradizo e frío na zona dos bebés que agatañan, que non se poida separar o bebé que dorme do que está a xogar, que teña un patio de xogo con ratas, gatos e herbas máis altas ca os propios nenos, que tódolos luns teñan que recoller as cuidadoras cascos de botella, lixo e cristais que deixan os botelloneiros que entran no patio polo valado, que non renoven xoguetes dende hai dez anos, etc, etc.
Odio o politequeo barato de calquera cor que se apunta a fotos e promesas e logo non se fai responsable de nada e especialmente do primeiriño que hai neste mundo que son os nenos.
Quero darlle as gracias ás cuidadoras que fixeron case milagres nesta tempada, que puxeron da súa parte o seu saber, cariño e apoio e que case conseguiron acabar este curso sen que houbesen desgrazas.
Agora espero que amañen o asunto entre todos e que isto non volva pasar nin aquí nin en ningún sitio.
Etiquetas: vilaguindastre II
6 comentarios:
Ai amigo eu também espero. Isso não parece uma escola, mas um filme de terror.
Um abraço e bom fim de semana
Elvira ten razón, mete medo. É xusto denuncialo, coa seguridade dos nenos non se xoga
Xusto onte falabamos diso, dixeron que ian pechar as galaescolas e polo visto non estan tardando muito en facelo, en vez de por os medios para solucionalo e moito mais facil coller e que os nenos e pais se queden sin esta, polo que me contaron din que a pecharon sen avisar, que tiveron unha reunion cos do concello pero que non lle comentaron nada e asi sen mais, este cambio de goberno esta indo moi ben, si señor, como sigamos asi, sera o seguinte o galego?, o final tamen o sacaran da ensinanza?
Espero que isto pare antes, sintoo moito, por vos por Leo e por eses nenos e pais que agora tendran que buscar outra solucion a hora d ir traballar espero que todo se arranxe pronto e as cuidadoras agora tamen para a lista do paro, non?
Bqñs.
Ves, a parte iso, que queren que os do concello parezan culpables cando e a xunta quen ten que facer as reformas e preocuparse de que todo este en boas condicions.
Levas tanta razón, que non sei como che puido caber nun post tan pequeno!!!
(Chámame a atención que ainda siga campeando o cartel de galescola. En Antas xa os arrincaron fai varias semanas)
Xa lira a noticia na prensa, e curiosamente pensei que lle podería tocar ó Leo, e polo que vexo así foi.
Non se pode consentir que unha escola funcione baixo eses mínimos nivéis de seguridade, pero eses mínimos terían algo que ver polo xeito de ser unha galescola?
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio