Mirando o ceo
Hoxe anda Google e outros medios falando da chuvia de estrelas desta noite pero non creo que me anime a vela porque é ás tres da mañá.
Isto de mirar o ceo fíxome lembrar o detector meteorolóxico que topei unha vez nos EEUU. Era unha corda pendurada coa seguinte explicación:
- Corda movéndose...ventoso
- Corda quieta...calmo
- Corda húmida...chuvioso
- Corda seca...soleado
- Corda branca...nevado
- Corda invisible...néboa
- Corda ida...furacán
Se observas as bágoas de san Lourenzo, faimo saber.
Etiquetas: natureza III
6 comentarios:
Pois a iso das once e media mirei pola ventá e vin caer unha, así que saímos a miña filla e eu, sentamos nas tumbonas cunha manta (había unha boa orballada) e puidemos ver outras dezaoito.
Despois o frío venceu á nosa curiosidade e entramos.
a explicación non ten despedicio,elemental querido Watson!
bicos e que bonitiño está o noso neno.
Eu non vin nada.....tampouco me acordeie dela, pero recordo o ben que o pasei na praia de ponte do porco, anos fai....
Había un trebello similar cunha pedra pendurada dun cordel. Coido que era en Portugal. Ambos son moi inxeniosos e, sobre todo, sumamente fiables!!!
hahahaha xenial!!
Nós saímos fóra a iso das 22:00 e eu vin 2 ou 3, despois o home ficou de pé até as 3 da mañá e non viu ningunha! :D
!que bueno!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio