Nome da lúa

Estes días atrás empezou o Leo con esas preguntas de " por que ? " para todo.
Aparte diso é gracioso e ten desas saídas infantís tan simpáticas como a que dixo o outro día. A nai de X., un amiguiño de Leo, preguntoulle ao seu fillo como se chama a lúa e X. respondeu " Catalina ". Logo fíxolle a mesma pregunta a Leo e el dixo con toda a razón do mundo: " Chea ".
Etiquetas: leo V
7 comentarios:
encántame a lámina e o Leo pérdeme con esa resposta
Eu non sei cal delas é a mellor para botar as patacas.
Saudos.
hahahahahaha boísimo!!
Moi simpática e lóxica a resposta do Leo, ese homiño que xa ve a vida desde a fiestra dos tres anos.
Apertas para vós e que siga a nos ofrecer ocorrencias e saberes infantís.
Linda a resposta do Leo.
Um menino encantador.
Um abraço e que Deus o proteja e o Guie pelo lado bom da vida.
Um abraço
Prepárese para esta etapa: son incansables preguntando, e ademais non crea que sobran as respostas, non.
é que tamén ás veces as nais teñen cada pregunta... moi boa a resposta do Leo
unha aperta
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio