Monday, September 14, 2009

Primeiro día de cole


E hoxe foi o Leo á escola por primeira vez. Empeza o periodo de adaptación cunha hora diaria e hoxe pasouna case toda chorando. A profe chámase Maite. Maite fala galego, leva un colgante cun tríscele e parece boa rapaza e supoño que será paciente para aguantar a nenos chorando seguido como Leo e outro compañeiriño cunha perrencha enorme.
A ver mañá como o leva.

14 comentarios:

Carlos Sousa said...

O primeiro día pode chegar a ser nunca sabes como vai a saír. Pouco a pouco.

Sabes, chafáchesme o meu seguinte post que vai ir sobre o mesmo.

Curiosidades, a palabra de verificación que me saíu foi "unpai", casualidades.

Eva G. Rei said...

Lembras o primeiro día de escola?
Eu si. Lembro o patio pequeno diante das clases de parvulitos, a profe Ana ( a miña primeira mestra e a que me aprendeu a ler), os mandilóns de cadriños azuis e brancos, a miña veciña que choraba sen parar, o balbordo dos nenos berrando, e o "cheiro a cole"...
Sempre me encantou como cheiran as escolas; debe ser polo material escolar, pero para min é un arrecendo marabilloso. Aínda hoxe me gusta entrar na dos meus fillos e sinto ese cheiriño.

Kaplan said...

Nun par de días non só non chorará senón que estará desexando ir. Verá como o sábado terá pena de quedar na casa.

Ana said...

Non te preocupes, en pouco tempo se adapta.
So me quedei pensando ( tamén penso,jeje), que narices e o tríscele. A mi me sona a símbolos Celtas, mais dame que a cousa non va por ahí, verdad que non?

Bicos

Barreira said...

Hai.... mal de moitos...... Ese é un momento irrepetible. Coido que é unha das poucas veces que se externaliza o medo ao novo.
saudos.

Meninheira said...

Espero que hoxe fora mellor :) i é que son tan pequenos...

Un biquiño

brabido said...

Tempo o tempo,eu tiña seis anos cando fun por primeira vez a escola e tamen chorei, con seis anos llorar que apampanado ja ja ja.

Maite xa estara acostumada a estes situacions,xa que se non o pasaria peor ela que os nenos.

PRAADIANTE

vermella said...

supoño que quitarías foto para a posteridade,eu teñoas dos meus máis do meu primeiro día de cole nin me acordo,debeu ser sin problemas....
bicos

abueloscrisytoño said...

!Que disgusto! pobre Leo

Chousa da Alcandra said...

Pregúntaste como levará mañán o colgante do trisquel a Maite?
Seguramente non o vai levar. As mulleres para esto sonche moi presumidas e dudo moito que repita adorno...

(Ánimo para os papis, que tamén lles doe. Xa veredes como nunha semaniña todo vai acougando)

busto.agolada said...

Agardo que dentro duns días nos digas o feliz que está con esa profe que fala galego.
Dentro de nada o Leo terá un bo fato de amigos e colegas nesa escola.
Apertas

An said...

Dentro de pouco non vai querer que o saques de ali. Saúdos e apertas

aopeofarerlo said...

¿Sabes?, Eu ainda recordo coo se fora onte, cano levei a David, a primeira vez ao Cole.
REcordo que nos sentamos pais-nais, e nenos, nas bancas, e mesas da clase, para escoitar as normas basicas, de comportamento, e asistncia, da profe....e ao finalizar,e despenirnos, David, tamen levantouse, e colleume a man pàra marchar conmigo cara a casa...
Non chorou, pero teño para mi que non estivo demasiado a gusto.
Un mal trago que todos temos que pasar...Despois o longo da vida, temos que soportar un tras de outro, lamentablemente

Shucran said...

Espero que xa se adaptara á escola e que faga moitos amigos.
Saúdos!