Tres anos ( e un día )

E o Leo chegou aos tres anos !.
Xa está adaptado ao cole onde pinta, xoga con plastilina e está cos compañeiros. Tamén vai ao comedor anque dá de comer bastante aos bechos que ten debuxados na roupa. Fala e canta bastante e pregunta como se di en inglés todo e o que pon escrito nos sitios. Ten medo ás alturas e, mesmo para baixar un chanzo, ten que agarrarse. Nas atraccións das festas chora e ten medo de cousas extrañas. Agora leva unha boa tempada comendo ben. É un pouco mimento e lacazán pero non ten maldade. O que nos provoca momentos amargos ( e a el tamén ) é o de pedir para facer as súas cousas. De momento non quere pedir e temos que pólo a mexar cada certo tempo e no asunto de cagar hai que pillalo no momento que, se non, cisca a roupa toda.
E así vai !.
Etiquetas: leo V
8 comentarios:
Era ontem e eu que lembrei na véspera e ontem esqueci.
Está um belo menino. Quanto a a não pedir para as necessidades, isso vai com o tempo. Nem todas as crianças fazem tudo com a mesma idade.
Um abraço
Enhoraboa a Leo!!!
E non te preocupes, xa fará sus cousas cuando teña gana.
Un bico enorme para Leo
y outro pra ti,jejeje
Parabéns para Leo. Foi unha mágoa non poder ir pero fíxosenos moi tarde. Haino que celebrar outro día con nós.
No das súas necesidades, xa fará: algúns tardan máis ca outros. E se cadra calquera día sorpréndevos limpándose el soíño.
Parabéns de novo para Leo!!Co de facer as suas cousas... paciencia ;)
Quero felicitar a Chelo e o seu bebé que naceu o mesmo día que Leo.Muitos bicos.
Como medran os rapaces na casa dos outros, carallo!.
Ainda me parece onte cando daba os primeiros pasos...
Claro que todo son novas metas. Cando non anda, que ande; cando anda que non caia; cando sexa grande que gañe moitos cartos...Pararemos algunha vez?
Disfrutádeo!!
Apertas para os tres
Moitos parabéns para Leo.
Pouco a pouco vanse adaptando a nova vida. O de pedir para facer as necesidades, tranquilos, a miña pasoulle o mesmo, e ata fai ben pouco era así, e xa pasara dos tres aniños. É o que dis, a veces da apuro, pero non pasa nada, xa se soltará.
Parabéns por eses tres aniños! =) O de pedir para facer as súas cousas... Xa chegará ese momento, que de seguro será un gran paso para el ;)
Si que os nenos dan "traballo" e algún susto de vez en cando, pero son o mellor que hai. Son unha fonte de enerxía inigualable.
Saúdos!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio