Empeza o control
O Leo xa está muito millor. Supoño que o tratamento e os comentarios " blogodesexantesdeboasaúde " axudaron bastante. Graciñas !.
E paso a outro asunto. Hai pouco foi o aniversario do Leo e xuntou agasallos e cartos así que decidimos romper o peto e xa hai unha cantidade xeitosa. Decidimos abrirlle unha conta pero o neno ten que ter un NIF así que fomos facerllo e dixéronnos que era millor facer o DNI pola coincidencia de número e tal. Fomos informarnos e hai que seguir o sistema primitivo de erguerse cedo para coller un dos 40 números diarios que reparte o funcionario. Aparte do madrugón eu miro outro defecto: a foto. A foto que lle fixemos ao Leo é bastante máis fea que esta que puxen de exemplo.
En fin, sempre queda o consolo de que hai que renovar o DNI cada certo tempo e, con el, a foto.
Etiquetas: leo V
11 comentarios:
Espero que se recupere por completo.
O madrugón é molesto, pero hai quen o fai de bo gusto só para poder cambia-la foto...
Saúdos!
Un bico moi forte para leo (hai que facerlle un pouco a pelota agora que é millonario con conta corrente e todo)
Pois ben, querido Leo tes un regalito gardado na nosa casa para cando queiras ou poidas vir visitarnos.
Que ben que xa vaia mellor! (Xa sabe: dan moita pena pero logo todo volve ao seu)
Non se preocupe pola foto: coñece alguén que estea guapo no DNI?
O cativo ten maneiras de fortachón, así que non ha de ter moitos problemas cos outonos e demais cambios de estación.
Para renovar o meu carné, a min saiume un truco: normalmente, acaban de tramitar eses corenta números bastante antes da hora de arrearen, así que teñen que seguir alí atendendo ó público. Os que estean agardando, pasan por orde de chegada, así que presentándose alí a iso da unha ou unha e media...
Que ben que xa volva estar san. Xa sabes, "o que non mata, engorda".
E por certo que estaba ben máis guapo nesa outra foto: un indio con outro indio pegan ben.
Cando lle fagades o DNI xa contarás que tal lle queda a sinatura...
Bicos.
Xa está fichado. Acabóuselle a inocencia
Que ben que se está a millorar. Cando pasen os anos e vexa a foto do seu primeiro DNI, stará desexando renovalo. E quen non, se ó final nótanse os paso dos anos que non vexas.
Unha aperta para todos, e coidado cos madrugóns
Animo se vae a mellor son boas novas, do tema do carnet eu pa renovalo vou a Salvaterra que creo que inda existe,deixo a foto,firmo e a un mes paso a collelo novo.
unha apreta
Olá Paideleo!! Tedes unha encomenda no meu blogue. Agardo entredes na brincadeira lectora!!!
home, metédellos nunhas letras do tesouro, que cun pouco de sorte cando teña dezaoito anos é rico :D Aledome de que este xa ben, e non vos preocupedes das fotos do carton de identidade, senpre rematamos por parecer delincuentes. SAúdos e apertas
Si señor, como dixo a santisiana, agora xa está fichado tamén o Leiño...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio