Un paso máis para Leo
Onte puidemos facerlle o DNI ao Leo na comisaría chea de niños de anduriña abeirada ao río Miño. Pensei que habería problemas porque non coincidían as imaxes escaneadas dos dedos de Leo e houbo que escanear case todos os dedos das dúas mans ata conseguir imaxes similares e co Leo chorando coma se o torturasemos. Logo co DNI xa lle puidemos abrir unha conta bancaria e obsequiáronlle o típico peto-porquiño de toda a vida.
Hoxe fomos ao mercado en Vilaguindastre e acollémonos dun batagón inesperado na capela da foto. Alí prendemos unhas velas para san Benito para distraer ao Leo e, sería miragre se eu crese niso; pero o Leo pediu pis por primeira vez hoxe e que alegría nos deu !.
Etiquetas: leo V
8 comentarios:
Por algho será o de...
San Benitiño do ollo redondo
hei de ir alá, miña nai, se non morro.
Hei de levar unha bota de viño,
e unha bola de pan do Porriño.
Poderíase cambiar o último verso por:
...para que poida mexar o Leíño.
Je,je, mira ti o San Benitiño. Ver para creer, eu prefiro pechar os ollos.
Paideleo, grazas pola visita.
Estaba rematando o texto. Agora, se o desexas, podes atopalo finalizado e, ademais, deixei un enlace que pode interesarche.
Lereiche e enlazarei o teu blogue.
Boa anécdota para contar a o Leo cando creza.
Encantoume ler o dos niños de anduriñas, que bonito.
En canto a San Benitiño...
Bicos.
Pouco e pouco, non se preocupe: cada vez vai sendo máis autónomo, un día mesmo deixará de chorar por unha bobada.
O de pedir pis do Leo vaiche ser que, como agora xa ten unha conta bancaria, quere adicarlle a mexada ó director do banco!
Chousa, ten cada unha,jajajaja
Eu tamén fixen as contas bancarias os nenos, o dificil e botar os cartos....
Bicos
Noraboa para Leo, vaise facendo un mociño.
Que bo o comentario de Chousa, si home si! a verdade e que caseque todos a merecen.
Biquiños
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio