leoeosseus

venres, 27 de novembro de 2009

Trinta e oito meses


E como pasa o tempo !. Hai pouco nin andaba nin falaba e agora é un loriño e bota carreiras en sentido contrario a onde queremos ir. Relaciónase máis e nos parques anda atrás dos outros nenos. Canta, baila e ri só. Entretense con monecos, contos e pinturas e a xente queda marabillada do ben que o pasa el só anque hai veces que quere xogar cos pais, claro. Inventa historias onde mistura cousas reais con personaxes ficticios como a Pantera Rosa, Bob Esponxa e os seus amigos e demáis tropa que varía por tempadas. Vai pedindo as súas necesidades pero na escola ten vergonza para pedir. Incrementa as súas habilidades para tratar de calzarse ou beber por unha palliña e xa pinta a cara de Epi ( na foto ) ou fai quebracabezas de poucas pezas ou fai unha casa colocando os lápices de cores. No falar está incrementando o seu vocabulario e pregunta por todo. Ten un lío cos idiomas e mistúraos e así, por exemplo, di bilingua e salomónicamente: " Te pilleite ! ". Tamén me fai graza o seu xeito de contar ata vinte: un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez ( agora vén o lío ) , catorce, cinque, desaséis, desasete, desaoito, desanove e desavinte.
Todas as etapas dun neno son boas pero creo que esta é das millores.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 28/11/09, 00:27 , Blogger An dixo...

Promete como debuxante :) Eu os seus anos era unha calamidad co lapis, e inda agora o son...claro. Saúdos e apertas, ledo mesario

 
Ás 28/11/09, 11:37 , Anonymous Anónimo dixo...

Verá como desde agora vai sendo cada vez máis autónomo (o que vai facilitar a vida de todos).
Supoño que gardarán os debuxos (os de papel, claro); eu si os vou gardando, e ao volvelos ver pasado o tempo até me emociono. Sorprende como cambian cos anos. Saúdos

 
Ás 28/11/09, 16:20 , Blogger BRABIDO dixo...

Pois si que che e listo o neno,chega vinte antes que ninguen.

Saúdos

 
Ás 28/11/09, 16:28 , Blogger Bolboreteira dixo...

Qué feitiño!
Si que é unha das mellores etapas da nenez, para nós que nos abriamos con cada cousa que fan e para eles que descubren tantas cousas e disfrutan tanto.

Bicos

 
Ás 28/11/09, 17:27 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns para el! A verdade é que medran rapidísimo, hai que disfrutar cada momentiño con eles.

Saúdos!

 
Ás 28/11/09, 23:11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Nin o dudes!. Dan ganas de comelos.
Pero boeno, ainda vos quedan etapas moi garimosas que ir descubrindo...

 
Ás 29/11/09, 02:57 , Anonymous Zeltia dixo...

sí que é, das máis bonitas...
non hai dia sen sorpresa,
non hai dia sen sorriso,
non hai noite sen sentir esa cousa blandiña no peito ó ver como durmen...
ainda que eu xa o pasei, dasme envexa. bueno, espero pasalo con algun netiño, cando chegue o momento adecuado
felicidades para leo, e para os pais de leo.
eche ben juapiño, e vai para artista!
:-)

 
Ás 29/11/09, 11:33 , Blogger fonsilleda dixo...

Parabens.
Que bonitiño, que envexa

 
Ás 29/11/09, 22:47 , Blogger Dilaida dixo...

Que neno tan fermoso!O meu neto ten tres anos e medio e tamén está na etapa na que queren saber e coñecer todo.
Un biquiño para ese neno tan guapo

 
Ás 01/12/09, 16:36 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Si que é das épocas máis bonitas. Da gusto ver como se inventan esas películas e xogan a ser maiores. Cada día sempre hai unha novedade e unhas risas. A miña ó falar parece unha "pijita", a televisión é o que ten, todo se lles pega. o Bob esponxa é para botarse unhas risas.

A polos 39 mesiños.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio