Castañas e gofres
Despóis da chuvia destes días apareceu o frío. Vilaguindastre solta frío dende as súas pedras vellas e o novo cheiro dos gofres anima o apetito na curta tarde. Forma ringleiras a xente para coller gofres e lambetadas modernas pero eu prefiro quentar as mans cunhas castañas de sempre neste día con sopro de candeas de aniversario, tocamentos de peitos graníticos e carreiras infantís entre sombras da noitona ( noitiña supetamente feita noite negra coma fariña do demo).
Etiquetas: vilaguindastre II
14 comentarios:
E que frío fai, carallo!! Mais, co pozo de néboa que é Ponteareas, aquí nin con castañas entra un en calor.
Se como castañas o único que consigo é unha terrible dor de estómago....
Non me chistan os gofres, tamén eu son mais de castañas quentiñas.
Bicos
ah, o conto das castañas mólacheme a mín tamén!
o que non pillo é o das candeas e todo iso, supoño que me faltan datos ;-)
mmmmm!Que ricas as castañas, como me gustan!Os gofres non se desprecias pero onde estén as castaña.
Pois por aquí tamén vai frío, moito moitirmo...
Bicoss!
Estás feito un burgués... en lugar de ir asalas ao monte cos teus amigos.
A ver cando as comemos xuntos.
E logo din que esto é unha "ola de frío siberiano". E vai resultar que o soltastes en Vilaguindastre!!
Boa idea o de quentarse coas castañas. Por fora e por dentro.
(Por certo, o de fariña do demo aquí díselle ós cartos)
Con dicir siberiano non hai que dicir outra cousa: o nome xea!
Acabanme de entrar unhas ganas terribles de comer un gofre! :P
Queriache mandar unha nadaliña pero voume ter que amolar e desexarche unhas ledas festas por eiqui. O dito, que teñades unhas moi ledas festas. Saúdos e apertas
O lado do concello,que sorte teñen os funcionarios,manda carallo.
Que aprobeite
E eu ando cun catarrazo que nin diola, xa ves tomoume un cariño¡¡¡¡¡
total que non hai quen o bote fora, e xa levo duas seman. AQui estou na casa, amantado, tusindo, xarabe de mel-limon e un grolo de whisky, e de moi mal humor....Son un infermo moi dificil de aturar...
Unha aperta
Tende coidado con eses animales que despois de grandes matran ovellas, je je. A mal tempo, boa cara. Apertas
Si que fai frío, e nada mellor que unhas boas castañas asadas!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio