leoeosseus

Monday 7 December 2009

Sorpresa, susto e singladura


Sorpresa grande como coñecer da separación dunha parella de vellos amigos.
Susto abafante como perder por dous ou tres eternos minutos ao Leo nos corredores dun centro comercial.
Singladura única no último barco de vapor do país en funcionamento nunha oportunidade conseguida a última hora.

Labels: ,

15 Comments:

At 07/12/2009 22:32 , Blogger Meninheira said...

A mesma sorpresa levamos nos hoxe :(
E qué susto cando se perden é horrível e tardas en recuperarte días!!

Un bico :*

 
At 07/12/2009 22:44 , Blogger Nébeda said...

Xa anda o Leo de explorador... debe de estar feito un chaval.

BICOS.

 
At 08/12/2009 00:43 , Anonymous Zeltia said...

vivir é o que ten.

 
At 08/12/2009 02:16 , Blogger Eva G. Rei said...

Ao final non era tan mal invento aquela "correa para nenos", que máis que levar ao fillo parecía que levabas o can...
Menos mal que só foi un susto.
Apertas.

 
At 08/12/2009 17:02 , Blogger Carlos Sousa said...

Sorpresas así están á orde do día.
O susto, menudos tres minutos dubestes de pasar!!

 
At 08/12/2009 19:08 , Blogger mfc said...

gostei muito ta tua foto...

 
At 08/12/2009 22:07 , Blogger brabido said...

Alegrome que tivese un final feliz, unha anecdota pa o dia de mañan.

Puxen no mercado outro blog,fotobrabido,vae de fotos je je je.

Aperta

 
At 08/12/2009 23:36 , Blogger Kaplan said...

Esas sorpresas debían ir deixando de selo: eu empezo a botar calo a forza de sorprenderme.
Comprendo o susto da desaparición: unha vez nun parque pasoume coa miña e sentín como me empezaban a tremer as pernas; logo resultou que estaba por alí remexendo na terra xunto ao tobogán e por iso non se vía, pero o susto non mo quitou ninguén.
O do barco de vapor, esa si que é sorpresa: non tiña noticia

 
At 08/12/2009 23:38 , Anonymous chelo said...

Home, a nos inda non se nos perdeu, pero a miña nai si que levou un bo susto cando me perdeu no Corte Ingles cando eu era pequena, segun conta mirabame pasar polos espellos, je,je,je eu riome pero non creo que ela o pasara moi ben.biquiños.

 
At 09/12/2009 08:26 , Blogger Eva G. Rei said...

Conta, conta, que o da singladura no barco a vapor ten boa pinta...
Falando de boa pinta, vai un magosto atrasado para o sábado? Seica vén o sol e certa calor...

 
At 09/12/2009 11:37 , Blogger vermella said...

ai mi madriña que mal se pasa cando "perdemos" un neno,cóntoche que cando o meu Román era pequeno despísteime no Carrefur e non o atopaba,garda de seguridade polo medio e altofalantes apareceu e sabes que foi o primeiro que me dixo?,eu non me perdín,perdicheste ti....
bicos.

 
At 09/12/2009 13:16 , Blogger Bolboreteira said...

Cousas da vida!
:)
Espero recuperado di susto, eses son grandes.
biquiños

 
At 09/12/2009 20:19 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Para ser pai/nai compre ter o corazón forte. Ás veces dan cada susto...

 
At 10/12/2009 17:16 , Blogger busto.agolada said...

Congratúlome do final feliz da escapadiña do Leo. Eu xa vivín esa experiencia e sei o mal que se pasa.
Moitas apertas para a familia reunida.

 
At 15/12/2009 19:13 , Anonymous F. Míguez said...

Por se serve de algo, cóntoche que aínda non tiven fillos que se me perdesen, pero si un avó que o facía. Sempre o demos atopado en varios minutos, pero para facilitar a «recuperación» se algún día se extraviaba, procurábamos terlle sempre en todos os petos papeliños co seu nome, o enderezo e os números de teléfono da casa.
Ademáis, tiñamos a man varias fotos del, de preto, de lonxe, de perfil... para darllas ós servicios de emerxencia en caso de necesidade.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home