Día do pai
Estou esperando a que pase a noite para que o Leo me dea o agasallo do día do pai. A profe Maite díxolle que tiña que darmo despóis de durmir así que toca esperar.
Na foto sae un regalo que vai recibir avóM. Será unha sorpresa para todos porque non coñecemos o sabor desa fruita.
Etiquetas: familia III
10 comentarios:
Parabéns a ti e ó avó de Leo! Os nenos despois da ilusión de preparar o agasallo están desexando darllo ós pais, e con razón.
Saúdos.
Gustóume o do "kiwiño".
O agasallo do Leo vaiche gustar moito.
bicos e parabéns
Vai ser maravilloso mirar a cara do Leo cando che de o regaliño, porque a eles failles moita ilusión dalo.
Bicos
Parabéns para ti e todos os pais que se acheguen ao teu blog :-))
¡Que forza de vontade ten o Leo! Supoño que non lle foi doado agardar a esta mañá para darcho :-)))
Bicos para os tres.
A miña non aguantou, deulle o pai o agasallo, cando chegou do cole.
Bicos
Estes agasallos son coma trens de doble vía. Gustan a quen os da a quen os recibe.
Parabéns
Eses agasallos feitos coas súas manciñas son os mellores.
A nosa pequena andaba disgustada esta semana porque a "profe" non lles deixou facer o regalo do pai, seica que por portárense mal. Aínda así ela fíxoo pola súa conta, na casa: os debuxos quedaron moi fermosos.
Susiño escribiu un conto ao estilo de Conan Doyle, con asasinato e investigación incluídos (aínda non llo deu que está na imprenta - teño que acabar de pasarllo a ordenador e imprimilo-).
Aínda que o día do pai son todos é bonito lembrarse nun día especial.
Eu mañá levareille flores ao meu.
tesme que perdoar, pero non me entero moito:
o regalo do avó de leo ¿é unha árbore para prantar?
e tí xa contarás o regalo do leo. estou admirada de qu puidese esperar ó dia seguinte!
De seguro que agradeceu o agasallo, xa me contaras como vai iso do kiviño..Con certo retraso pero...ledo día do pai, grazas polas tuas visitas.
Shucran: graciñas. O millor de todo é a cara do pequeno.
fonsilleda: o do kiwiño tamén me gustaba a min porque ten algo de misterio e orixinal.
mencía: foi, si. E deille un regaliño por ser tan bo.
cuspedepita: parabéns para todos.
O Leo tivopouco que aguantar que traballei de tarde e pouco me mirou.
Ana: unha reacción mui lóxica.
Chousa da Alcandra: son de dobre vía, son.
Eva G. Rei: tendes uns fillos marabillosos e é normal que fagan eses agasallos personalizados tan bós.
zeltia: pois o kiwiño é unha pranta trepadora que bota fuita en agosto pero aínda non sqabemos como sabe. A ver que sae daí !.
An: o do kiwiño ten que esperar. Xa está prantado na entrada da casa de Arbo e toca esperar un par de anos a que dea algo.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio