Páxinas

sábado, 23 de outubro de 2010

Postenésimo dono


O pub do que falei hai tempo volveu mudar de inquilinos e estes pintárono con muito colorido. Quen non quedou conforme foi o anterior arrendado que protesta cunha pintada. En fin, nada de extrañar sabendo de que van.
Que todo quede aí !.

Postdata: engado dúas fotografías do pub en cuestión para mostrar o tamaño e o graffiti na súa totalidade.

11 comentarios:

  1. pois sí, deixa a súa firma!

    pois máis vale que se (nos) vaiamos afacendo ao colorido, que en próximas xeneracións haberá moitos galeguiños de lindo pelo crecho e preciosa pel morena.
    é o bon que ten isto de mesturarse

    ResponderEliminar
  2. De acordo con Zeltia a min gústanme a variedade nos cores e as mesturas, que lle vou facer!
    Coma sempre, orixinal.

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que os muros ben pintados, con moitas cores, locen o seu. O que malo son as sinaturas sen moito sentido...

    Saudiños.

    ResponderEliminar
  4. Fun seguindo as pistas que deixaches. Primeiro, para chegar ata o teu blog, e douche as gracias por iso. Despois para seguir esta historia do Trisquel e quedei moi alucinada. E tocada tamén.

    Vou mirar un pouco máis o teu blog

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Cando a pintada é artística o único que amola son as furgonetas que tapan o arte e as sinaturas negando evidencias.
    Vexo que hai moita "industria" pola túa terra...

    Apertas

    ResponderEliminar
  6. E logo, é así de pequeniño como parece na foto ou ti estabas nun guindastre cando fixeches a foto?
    A decoración non está nada mal, eu creo que a función de chamar a atención está máis que resolta.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. hai pintadas que debuxan claramente a mente de quen as fai.

    ResponderEliminar
  8. Pois a min gústame como o pintaron.
    Non podo dicir o mesmo da pintada.

    ResponderEliminar
  9. Non vira as dúas últimas fotos que engadiches,
    realmente é todo un mural!

    [A min paréceme bonito e creativo, a non ser que estropeara un conxunto estéticamente buscado no entorno... que non parece o caso, para nada. ASí que...¡viva a creatividade!]

    ResponderEliminar
  10. Coincido cos demáis a min gústame moito como quedou, moi orixinal dende logo non pasará desapercibido.
    Bicos

    ResponderEliminar
  11. Bueno... vexo que incluso os do trisquel non se atreveron a pintar enriba do graffiti. Por algo será.

    ResponderEliminar

És humano ti ?