leoeosseus

Saturday, 6 November 2010

Magosto e loaira


Foi un día dominado por néboas e nubes. As árbores regalaban cores de outono, o chan estaba estrado de follas, candeas e tollemerendas cos pétalos pechados. Soaba unha gaita, o Leo bailaba e os maiores arranxabamos Galicia, Estados Unidos e o mundo enteiro. Comemos chourizos e castañas ao lume con tortilla, empanada e sobremesa. Subimos un feixe de escaleiras e exploramos penedos como o de Noiteboa e topamos érbedos e cogomelos e dende o mirador fotografei a loaira que furaba o ceo gris.
Foi un sábado distinto.

Labels:

11 Comments:

At 06/11/2010, 22:21 , Blogger Ana said...

Hummmmm que ben soa o teu día!
A foto esta moi lograda, noraboa encantoume!

Home,como cambiasche o dia de ver o papa por esa escapada tan boa,jejeje

Bicos

 
At 06/11/2010, 23:06 , Blogger Dilaida said...

Eu tamén pasei un día moi parecido, despois dun bo xantar o meu neto maior decidiu que tiñamos que ir os dous buscar outonos (follas de cores, belotas, castañas...) e ao final tamén lle gustaban as pedras que vía polo camiño e tamén eran outonos.
Bicos

 
At 07/11/2010, 01:19 , Anonymous Eva G. Rei said...

Que bonito é o Val da Louriña, en?
Quedouche un resumo ben resumido...
habías ter soneca, non?
A foto quedou que nin pintada.
Grazas por todo.

 
At 07/11/2010, 02:04 , Blogger zeltia said...

Eses son os días que me encantan a min!

tollemerendas?

tampouco sabía que se chamara loaira a raiola de sol que aparece entre nubes...
(moito aprendo contigo)
pero que é tollemerendas?

 
At 07/11/2010, 03:07 , Blogger fonsilleda said...

Gustoume o sábado distinto e gustome moito como o contaches.
Tamén a envexa polo xantar.
Bicos.

 
At 07/11/2010, 11:27 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Andiven tamén á bartola polo monte (atopei unha "sombrilla de sapo" moi colorada), pero aquí pola mañán tivemos sol. Á tarde escureceu e quedamos sen loairas e raiolas (tiven que menear as follas do diccionario. Tampouco sabía que as raiolas de aquí eran loairas por esas terras)
Apertas

 
At 07/11/2010, 11:50 , Anonymous Desde a gaiola said...

Grazas por achegarme un vocablo tan fermoso coma LOAIRA. Ten unha musicalidade especial. Anotareino nalgún lado para que non me esqueza, por se algún día o preciso. Podo?

Polo que se ve, o día de magosto foi redondo. Alégrome. Aquí agardaremos que o San Martiño nos dea permiso para facelo o próximo xoves día 11.
Biquiños. Para Leo tamén.

 
At 07/11/2010, 12:34 , Blogger Merce said...

Dende logo que un dia fantastico, e esa fotografia tenme abraiada...

loaira... vaia, eu tamen lle chamaba raiola :)

gustoume aprender un chisquiño mais :)

bicos

 
At 07/11/2010, 16:12 , Blogger Xabres da Teixeira said...

Gracias por dúas cousas polo menos:
pola foto e por loaira, é a primeira vez que a leo, e coido que a adoptarei.
Non le des demasiados chourizos a Leo
o mellor avizase.

 
At 07/11/2010, 22:03 , Blogger paideleo said...

Ana: soa e ecoa hoxe. Mágoa non facer millor tempo. En Santiago non se me perdía nada.

Dilaida: os días de outono sonche así. Os nenos andan tolos cos outonos que lle meten nas escolas e con todo o que representan. E a min e a ti góstanos ensinar o que sabemos.

Eva G. Rei: bonito,bonito non che é pero tampouco ten dúbida. O sono cureino cunha dose de case once horas de durmida.
A foto está bonita, si; e ti sabes que non foi fotoxó nin gaitas.
Grazas ?. Estás tola, graciñas a vós.

zeltia: E a quen non ?.
As tollemerendas podes topalas en google imaxes.

fonsilleda: graciñas por todo e que se repita.

Chousa da Alcandra: estamos en plena tempada de paraugas de sapo sen encender a tele para nada.
Vouche dicir unha cousa a ti e a todos: a palabra loaira aprendina nun diccionario e aínda non a escuitei nunha voz da rúa pero gústame, está claro.

Desde a gaiola: tés que dar as gracias á xentiña que creou esta verba non sei cando e as verbas son para dicir de mil maneiras e seguro que ti sabes a maneira de empregala.
Por aquí o día de san Martiño non é festivo así que hai que celebralo como millor poidamos.

Merce: estabamos no mirador ( o Leo dicía que se miraba o mundo dende alí ) e xurdiu e así a retratei.
Loaira é unha palabra de diccionario que me prendeu e procuro empregala.

Xabres da Teixeira: graciñas a ti que nos mostras o galego estremeiro e rico que tés.
O Leo non saiu mui chouriceiro,non;e tampouco probou as castañas. O del foi brincar polos penedos e coller paus.

 
At 07/11/2010, 22:10 , Blogger zeltia said...

a esa floriña chamádeslle tollemerendas por aí?
non hai moito que andiven preguntando no meu blog por ela (unhas fotos que lle fixen)
Na miña aldea chámanlle azafráns, pero eu penso que lle dan ese nome polos fiiños desa cor.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home