Páxinas

mércores, 8 de decembro de 2010

Diferentes Nadais


O outro día mercámoslle ao Leo un libro precioso de tradicións e contos de Nadal de varios países e hai verdadeiras ledicias para demostrar a riqueza cultural do ser humano.
Un exemplo é o trasno Nisse que ten patas de cabra e sabe o que soñan os humanos para darlles regalos e tamén agasalla e protexe os animais da granxa en Noruega.
Contarei algunhas tradicións máis nestas datas e , mentres, podes aprender algo ( en galego ) do nadal típico alemán aquí.

8 comentarios:

  1. ui ui ui que creo que vai caer por aquí unha "hondonada" de posts navideños,
    virei preparada coa miña armadura.

    :-)

    ResponderEliminar
  2. Curioso, o meu post para mañá tamén fala de tradicións de nadal!

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Non coñecía a Nisse.
    Ti conta, conta que eu agradézocho ben.
    Agora voy o alemán.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  4. ¡Que importantes son as tradicións!. Non nos decatamos que é un legado a coidar e que debemos dar os nosos fillos para que perduren sempre na memoria e o tempo.
    Pasarei por aquí para saber de tradicións e contos do Nadal.
    Moitas grazas e un saúdo

    ResponderEliminar
  5. Seguirei atentamente todos os apuntamentos que fagas sobre as tradicións de Nadal, aínda que non é precisamente unha data e unha festa que me guste demasiado; máis ben nada.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  6. A min chámame moito a atención, por exemplo,a mistura de culturas que vin nunha foto da celebración do nadal en Venezuela. A xente ía vestida de verán e detrás había un "belén" con neve.

    Apertas

    ResponderEliminar
  7. Dúas semanas para o Nadal e todos xa estamos quentando motores.

    ResponderEliminar
  8. Interesante o das tradicións pagáns europeas que acabaron misturadas nos USA para dar ó Santa Claus/Papá Noel. O do Nisse non o coñecía.
    Un novo aporte: http://tinyurl.com/39tlcuj
    Parece que quen inventou estas bonitas tradicións ía posto ata arriba!
    Un saúdo

    ResponderEliminar

És humano ti ?