Páxinas

domingo, 12 de decembro de 2010

Ross Jonander


Se falamos de tradicións nadaleiras non podemos esquecer a cesta da empresa e a comida. A cesta sae na fotografía e o xantar foi honrado ( segundo dixo o xefe ) pero non se pode esixir demasiado tal como están os tempos.
Este ano foi ao xantar a mistura de Ross e Jonander, un compañeiro simpático e boafé que perde case todo e non se enteira de muito e cantou a Rianxeira que é a canción oficial dos novos da empresa. O ano pasado non foi ao xantar. Estaba de vacacións e cando o chamou o xefe para preguntarlle se ía o Ross Jonander respondeu que ía se lle pagaban como horas extras o tempo do xantar.
Verídico.

10 comentarios:

  1. Este ano non haberá moitas cestas, disfruta da túa que es un sortudo.

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Grande o Jonander! De onde ven ese alcume?
    Dígoche o de Ana, desfruta das cestas, que están en perigo de extinción

    ResponderEliminar
  3. Unha cesta de navidá!!
    na miña Empresa Jrande, non me dan!
    nin cea nin hostias!

    morta de envexa é como estou. (igual é porque non aturo o nadal, que me pon triste e me fai sentir coma un can verde, coma se eu fose doutra galaxia e todos os humanos tiveran un vínculo que eu non comprendo)

    ResponderEliminar
  4. O do teu compañeiro e moito jajajajaja.
    Eu xa non teño cesta, nin caixa, nin sequera un paquetiño pequeno.
    É certo que ainda hai cariños pra mercar algo.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. jajajaja! que morro lle botan algúns..Eu aindaq teño que pasar polo trance da cea de empresa e vermos se hai cesta..
    Bicoss!

    ResponderEliminar
  6. Pois a gozala con saúde. apertas meu-

    RuAn en ediciona.

    ResponderEliminar
  7. A miña empresa tampouco me dá cesta de nadal. E este ano, menos mal se non lle mete aínda máis a tesoira á extra! E iso que é unha empresa grande!

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  8. de seguro que tivéchelo que pasar ben; ti e todos, seguro.

    ¡moitas botellas vexo!... vai ser un nadal moi ben regadiño.

    bicos.

    ResponderEliminar
  9. Fai anos que na miña canteira o que máis interés despertaba da cesta de Nadal era a propia CESTA!. É certo tamén. Sempre era unha bolsa moi "cuca". Nos últimos anos ven sendo un encargo do cortinglés metido nunha caixa de cartón. E benvida sexa, que non lle fago noxos, líbremeodiaño!

    ResponderEliminar
  10. Bebidas e turrón xa xuntaches. Non está mal a cesta. Felices festas, bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?