Tuesday, April 5, 2011

Aclarando termos


As vosas peticións piden resposta así que vos deixo unha foto dun oitocóptero que é un oktokopter ou helicóptero de oito hélices. Seica ten unha estabilidade máxima no aire e serve para cargar unha cámara e filmar dende o aire. Non é un invento galego ( supoño ) e só ten de galego o nome que lle puxen eu. A foto topeina na interrede porque eu non posúo un becho destes.

E a imaxe do posteo anterior retrata unha trituradora de uva como podes comprobar aquí.

Espero aclarar dúbidas.

6 comentarios:

Chousa da Alcandra said...

Penso que por existir aparellos coma este foi polo que naceu a expresión "manda carallo"!

Dilaida said...

Xa me parecía a min que era unha moxega ou trituradora de uva como ti lle chamas.
Bicos

Concha López Fernández said...

Haiche inventos ben curiosos! E grazas pola aclaración.

Un saúdo.

mfc said...

Obrigado pela explicação.
Ao ver o filme "Mar Adentro" sempre me pus a pensar como filmaram o "voo" do Ramon até até ao mar....- agora fiquei a saber!

Eva G. Rei said...

Concordo con Chousa, arre carallo!
Mesmo parece un becho doutra galaxia...
O que ti discorres!

zeltia said...

curioso trebello. grazas por informarnos (xa nos deches o traballo feito) :-)