Páxinas

domingo, 15 de maio de 2011

Eurovisión 2011


Collín o costume de xogar a crítico musical do pataco con Eurovisión e este ano non ía ser menos.
Houbo muita calidade e gustáronme algunhas cousas como que Francia competise cunha canción en corso ( para cando as españas farán o mesmo e competirán con outra lingua distinta do castelán ? ) ou a artista da area que facía obras mentres cantaba a representante ucraína. O Leo flipou cos irlandeses, " dous que naceron ao mesmo tempo ". Tamén me gustou que dixese " moitas gracias " Lucía Pérez cando rematou a súa canción ou que Anne Igartiburu dixese " muito obrigado " aos votantes pola canción española dende Portugal.
Ala, creo que xa cumprín co Eurovisión 2011.

5 comentarios:

  1. Con todo o centralistas que son os franceses, a min tamén me sorprendeu que os representara unha canción en corso, que por certo, o mozo cantaba coma os anxos. Menuda voz!
    Mágoa que á nosa paisana non lle deixaran cantar en galego; iso si, Lucía Pérez precisaba dunha mellor canción, que con esa trapallada non hai quen compita. Así e todo, ela defendeuna marabillosamente.
    Outra vez será.
    Non me gustou a gañadora, pero si de novo Alemaña, Austria e Suíza; e foi especialmente atrevida a canción roqueira-heavy de Georgia(xa postos a facer e críticos).

    ResponderEliminar
  2. Quando veremos uma canção em galego?!
    Há muitos anos o Serrat queria cantar em catalão (ainda no tempo do Franco) e foi impedido de o fazer!

    ResponderEliminar
  3. Cando eu era rapaza nin dios se perdía o festival de eurovisión: era como cando xoga españa. E ao outro día ninguén falaba doutra cousa... Non sei se por me quedare ese pouso "patriótico da españa una grande y libre" que agora non me mola nada e non o vexo nunca; a pesares de que seguro que nada ten que ver co dos anos 60 e 70.

    todos temos os nosos monstros no armario, non si?

    ResponderEliminar
  4. Os franceses son mestres no marketing, porque si, mandan a Eurovisión unha canción en corso, pero a realidade das línguas minoritarias en Francia está a anos luz do que acadamos aquí. Segue a ser un Estado centralista que despreza a diferencia, iso si, sabe dar unha imaxe de tolerancia cara á galería.

    ResponderEliminar
  5. Eu só reparei na actuación de Lucía Pérez. Estaba ceando nun restaurante no medio dun grupo numneroso. O televisor quedábame lonxe. Creo que como cantante, Lucía fixo un bo papel, outra cousa son as votacións. Non oín o "moitas gracias" pero paréceme máis ca un xesto. É unha reivindicación e unha afirmación da súa orixe.
    Por certo, que bo mozo segue o Leo e gracia me fixo o dos "homes colgados".
    Unha aperta para os "catro". A nena xa conta, ou aínda non?

    ResponderEliminar

És humano ti ?