Páxinas

sábado, 14 de maio de 2011

Traballando de noite


Esta quincena tócame traballar de noite e faise duro durmir pola mañá cos coches de propaganda electoral dando voltas cada pouco tempo.
Iso si; traballando de noite pode visitarse de día castelos coma o de Sobroso.


Tamén mercamos alí un axóuxere para a nena e fixen a foto da explicación tan fermosa.





Fixemos a primeira viaxe en tren para o Leo.





E estreamos a praia este ano para sorpresa de Leo porque aínda non estamos no verán.


Ao final traballar de noite ten as súas cousas boas !.

3 comentarios:

  1. Gosto deste teu prazer de disfrutares a vida familiar!

    ResponderEliminar
  2. Traballar de noite non debe ser moi fácil de levar, pero tés razón, as tardes pódense alongar para dar paseos. Supoño que destes gozastes e moito.
    Está moi ben o do axóuxere!

    Saudiños.

    ResponderEliminar
  3. así da gusto! vacacións (ou case, pola sensación de liberdade no día) cando non son vacacións e praia cando non é verán!

    [imaxino que Leo xa non esquecerá esa primeira viaxe en tren]

    ResponderEliminar

És humano ti ?