Esta quincena tócame traballar de noite e faise duro durmir pola mañá cos coches de propaganda electoral dando voltas cada pouco tempo.
Iso si; traballando de noite pode visitarse de día castelos coma o de Sobroso.
Tamén mercamos alí un axóuxere para a nena e fixen a foto da explicación tan fermosa.
Gosto deste teu prazer de disfrutares a vida familiar!
ResponderEliminarTraballar de noite non debe ser moi fácil de levar, pero tés razón, as tardes pódense alongar para dar paseos. Supoño que destes gozastes e moito.
ResponderEliminarEstá moi ben o do axóuxere!
Saudiños.
así da gusto! vacacións (ou case, pola sensación de liberdade no día) cando non son vacacións e praia cando non é verán!
ResponderEliminar[imaxino que Leo xa non esquecerá esa primeira viaxe en tren]