Saturday, July 9, 2011

Graciñas



Queremos agradecer a todos os vosos comentarios de felicitacións.

Tamén quero dicir que o blogo non cambia de nome nin nada en especial porque segue sendo Leo " e os seus ". Cambiarei agora a descrición da imaxe e pouco máis.

E por aquí seguimos medrando todos anque non o percibamos. Xela supoño que medrará co impo ou faluco que ten ás veces e o que dorme que iso é medrío, seica.

Un saúdo e graciñas outra vez.

6 comentarios:

Kaplan said...

Parece que non chora moito a meniña, e que é durmiñona. Ánimo cos cueiros e as tomas, e a deixala medrar.

mfc said...

Pois... já estava á espera!
Agora há mais um elemento na família!

F. Míguez said...

Carafio, uns días sen pasar por aquí e... ¡cantas novidades!
¡Parabéns á familia do Leo!

Carlos Sousa said...

E o tempo pasa... Moitos parabéns dun amigo da rede.
Agora toca voltar a empezar cos cueiros e todo o que conleva criar unha criatura. Moi fermoso.

Un saúdo

zeltia said...

pois xa pensara eu niso do nome, e as miñas dubidas non ían sobre Leoeosseus, se non sobre "Paideleo", que inda que o sigues sendo jajaja, vanche vir as da equipa da igualdade!

lembrachesme o conto aquel do pai o fillo e o burro, non sei polo que

un gusto ver como medra a familia e o blog!

Aldabra said...

non hai de qué.

biquiños,