Sunday, August 21, 2011

Castelos, praias e máis


Nesta semana puidemos visitar o castelo de Soutomaior. A Leo encantoulle ( así dixo ) e só tivo medo dalgunhas alturas e do manequín do calabozo.



Tamén fomos a unha praia onde eu era o máis peludo anque non crea que eu mereza un puaaajj !! como o que merece Patricio.




O avó Ricardo fixo oitenta e catro anos anque anda un pouco pachucho e sen muita fame.







Por fin probamos os kiwiños que saben a kiwi cen por cen anque teña un tamaño da décima parte dun kiwi.







E rematou a semana con treboada que aínda se sente ao lonxe.

9 comentarios:

Dilaida said...

Xa vexo que estades a pasalo moi ben.
Bicos

Mer said...

Unha semana moi completiña, sí, señor.

Apertas.

elvira carvalho said...

Bom para o Leo o encontro com a cultura. De pequenino se forma o individuo.
Não conhecia esse fruto.
Abraço e uma boa semana

mfc said...

E é assim o tempo de férias!

Também já acabei as minhas!

zeltia said...

e despois desta sequedade, que ben vén esta choiva!
todo alegrías no post, incluída a foto da nena, que se ve moi feliz

os kiwis parecen do país ese de Gulliver.

Kaplan said...

Non sabía da existencia deses kiwiños, a ver se chegan por aquí.
O dos pelos de Patricio deixoume coa boca aberta e os sovacos apertados, eu non son moi peludo, pero por se acaso.

Aldabra said...

non sabía eu dos kiwiños... pero agora xa o sei.

sinto o do avó Ricardo, pero e que 84 anos xa son anos para ter achaques así que é o normal; esperar que non sexa nada.

e dos teus peques que decirche?, non me extrana que digas: "creo que son feliz"

biquiños,

Peke said...

Eu estiven no castelo hai unha morea de anos porque unha tía avoa miña era a ama de chaves. Causárame moita impresión o grosor das paredes.

Chousa da Alcandra said...

O Leo case me pasa desapercibido no castelo. E non é que él sexa demasiado pequeno: e que o castelo...menudo mangallón!
Apertas