Cincuenta e nove meses
" Eu xa non fago meses que teño anos. Xela fai meses !. " Así dime hoxe Leo e vou rematar a conta en meses da súa vida neste blogo. Agora será a conta de meses de Xela en números ordinais cada día vintecatro, a ser posible. Isto non quere dicir que deixe de falar de Leo nin muito menos; só que agora non porei un día ao mes " forzado " para falar del como facía cada vintesete.
E nada, aquí está o artista retratado hoxe. Medrou un montón en todo ou será que o comparamos coa irmá ?. Gústalle xogar só montando historias con calquera cousa e non deixa atrás letras e números. Segue sendo de trato reservado coa xente os primeiros minutos e logo xa non hai forma de paralo co que fala. De feito fala cada vez máis e millor español e no galego mete algunhas cousas extrañas como verbos compostos, " lleísmos " e máis e máis vocabulario castelán. Confunde o son " r " simple co composto, solta bastantes " g "no canto de " b " ( groma, négoa, güena, etc ) e segue dicindo " nesito " , " nesesitamos ", " creocuparse " e " masiado ".
Etiquetas: leo VIII
9 comentarios:
Ora bem. Pois já que está um homenzinho não se trate como bebé.
Um abraço amigo e parabéns por essa linda família.
Ten razón, xa non é un bebe. E ó lado de Xela é un home,jejeje
Bicos
ao leo fixémolo maior en canto naceu a irmanciña...
pero é certo que xa non é un bebé, é un neno! cambiou de status,
e isto que fixeches hoxe... isto de darlle a graduación... é un paso que terás que dar con el outras veces máis na vida... sempre hai un pouco de pena mesturada con alegría nestes casos, verdade paideleo????
Tendo en conta que Leo é un mozo que vai cumprir pronto os 5 anos, hai que ir pensando en que se vai facer maior axiña, pasará a Primaria... e non só porque Xela acabe de aparecer. As crianzas fanse grandes de repente. Que pronuncien mellor ou peor, tanto ten, o caso é que escoiten, entendan e se fagan entender. O tempo fai o resto do traballo.
Que me alegro moito por todos e todas vos. Pois iso.
Moita sorte con el. E con ela. Nos tempos que corren, ben cómpre!
É assim mesmo...uma bela resposta!
PS - Chãs de Égua fica na região centro, mesmo junto à aldeia do Piódão que encontras em qualquer roteiro turístico.
Um abraço.
Ten toda a razón o Leo. El agora xa non ten cumplemeses; así que fas moi ben en corrixir a leria.
Apertas
Ten razón o Leo, que agora xa é grande e ten cumpreanos, non cumpremeses. Tempo haberá para seguir contando as súas cousas polo medio dos cumpremeses de Xela.
Que sigan así de ben os dous!
Ai, pois eu agradezo o cambio no cómputo, porque son moi malo contando en meses (e no demais), así que algunha vez tiven que botar man da calculadora para saber a idade do Leo.
É normal a reacción del, pobre, para reafirmarse frente á irmá: agora el é xa un homiño.
Qué listiños che son... jaja
Saúdos!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio