leoeosseus

mércores, 21 de setembro de 2011

Adeus verán



Na foto retrato un cacho de uva Loureiro que xa non existe como tal , estruchado e fervendo para facer viño .

Non sei a ti pero para min o verán remata cando remata a vendima, empeza o cole e empezan as festas de Vilaguindastre. Tamén agora as tardiñas son frescas e hai que pór pantalóns longos e mangas longas.

Outro feito máis: queda pouco para o aniversario de Leo !.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 21/09/11, 23:05 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Teremos que despedir o verán para que o viño madure. De paso tamén imos madurando nos, que o tempo corre como se non tivera outra cousa que facer...

Apertas

 
Ás 22/09/11, 07:33 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Eu non che sei. Aínda que vai refrescando, semella que o verán coa súa seca se aferra á terra e non quere marchar...

Leo... Un ano máis. Ese si que corre cara a mocidade!

 
Ás 22/09/11, 13:47 , Blogger Paz Zeltia dixo...

para min o verán remata cando empezo a sentir as sombras longas, a luz máis dourada... inda que faga calor eu percibo nos aromas a chegada do outono.
hai moitos anos que me pasa iso...

pero setembro e outubro son uns meses preciosos, a natureza e xenrosa antes de retirarse a coller forzas no inverno.
[ din que para as persoas é igual... ese canto do cisne antes de chegar ao inverno da morte... podemos disfrutar tamén dun outono dourado, sin as ansiedades propias da xuventude. -ou iso me gusta pensar- ]

xa felicitarei ó leo cando nos poñas a foto da tarta [que xa explicarás de que é]

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio