Tuesday, September 27, 2011

Cinco anos

Hoxe Google está de aniversario pero non é o único.



O Leo fai hoxe cinco anos que logo se di !.




Seguen existindo os seus amigos imaxinarios que levan unha vida paralela co noso mundo e así van tamén ao cole, teñen irmás e viven perto de nós.
Vai madurando aos poucos e así perdeulle o medo aos cachivaches da festa e aí o vai montado no tren preconstitucional da festa.
Agora faltaba a proba principal a ver como reaccionaba se apareceran os cabezudos.



Gústalle estar soíño xogando ás súas historias pero cando hai que xuntarse cuns amiguiños para xogar ás bolas, merendar, soprar as candeas e recibir agasallos aí o está.

Preguntámoslle que tal hoxe no cole e se xogan xuntos maiores e pequenos no patio e díxonos: - " Os maiores xoban no outro patio. No noso xobamos os pequenos da miña jaula i os das outras jaulas ".

E agora quedou frito na cama despóis de tanta bricadeira que a vida continúa.

13 comentarios:

F. Míguez said...

Parabéns, Leo e familia!

Aldabra said...

Dalle cinco tirons de orellas ó Leo da miña parte, pero cariñosiños, para felicitalo polo seu cumple.

Parécese moito a ti, vendo a túa foto de pequeno. Anda que menuda trasnada fixéchedes coa túa nai!... ¡O que puido pasar!

biquiños,

elvira carvalho said...

Parabéns ao Leo e restante família. que possam festejar todos juntos por muitos e felizes anos.
Um abraço

Raposo said...

Parabéns e a seguir cumprindo!

Dilaida said...

Parabéns a Leo.
Gustoume moito iso das "jaulas".
Bicos

X said...

Parabéns para o Leo e seus pais.

Mon e Maria said...

Dalle un bico o Leo da nosa parte. Xa esta feito un home.

Parécese muito a ti de pequeno. Eso sí, tiñas unha car de traste que no parabas con ela.

Bicos para Ana, para Xela, que guapiña está, e tamen para ti.

Nos vemos no Nadal

♥ meninheira ♥ said...

bueno, bueno, facía un montón que non viña por aquí, bueno, nin por aquí nin case por ningures, que temos agora un lío montado de medo. Pero xa me estiven poñendo ao día.

Xa vin que o xureliño está enorme e preciosa e non entendo como aínda non o comíchedes!!

Que o Leo é caghadinho ao seu pai de pequeno.

E que é imposível que cumprira xa 5 anos, mimadriña como pasa o tempo!!

Un biquiño moi grande, moi grande
m*

mfc said...

Os meus parabéns ao teu Leo... por esses sorridentes 5 anitos!!

E ao Google também... que é uma ferramente preciosa.

A nena do paraugas said...

Parabéns polo seu aniversario, aínda que a felicitación chegue con dous días de retraso.
Está feito un mozo!

Peke said...

Parabéns con atraso, pero parabéns!!!

zeltia said...

chego tarde para felicitar ao leo, inda que para as felicitacións sempre hai sitio.

segue con esas palabras que moita envexa me da, que a min non se me ocorren jaulas pordió que poder de descripción!

Chousa da Alcandra said...

Xa ten un lustro o Leo!!!. Pois moitos parabéns dende Antas para toda a familia.