Thursday, September 22, 2011

Lerias de Leo



O Leo non para de falar e cando non sabe inventa.


O outro día saiu da casa co primeiro libro que colleu da nosa biblioteca que era unha guía de Oviedo. Dixo que ía ler o conto e empezou: " Hace añísimos..."


Na foto sae co libro de Pelogato 24 que ten CD coas letras e inventaba unha canción mentres andaba: " Agora hace una mujer desnuda en un carballo ".


O outro día estaba Leo no parque co amigo X. e remataron mal como acostuma pasar entre nenos. Naideleo díxolle que lle pedise perdón a X. e Leo dixo: " X. tonto ". Naideleo enfadouse: " Leeeo !". E Leo autocorrixiuse: " Ah, vale. X. estulto ".


Para estas cousas vale ben un blogo.

9 comentarios:

Kaplan said...

Estulto?!!! É boísimo...

Xabres da Teixeira said...

¡Este Leo é a "milk"! Atopou o termo axeitado, seguramente non para X., mais sí para un feixe de sesudos maiores.
O da estulticia, é de nota.
Coido que fará carreira, e tamén "amigos".

Chousa da Alcandra said...

Eu digo (e penso que non é a primeira vez que o fago), que este rapaz voso vai para político. Repasa a túa primeira frase deste post...

Saúdos

zeltia said...

o dos añísimos está moi ben.
pero o do estulto "non ten prezo"!

(inda tardei eu ben anos en saber o que significaba estulticia! -estes rapaces canto aprenden cos debuxos animados!-)

elvira carvalho said...

São uma gracinha.
Um abraço

Peke said...

Caralliño co Leo! Estulto nada menos!!!

mfc said...

É assim que se começa...
Estulto com a apetência dele.

Kaplan said...

Paideleo, ten vde unha encomenda en Ithaca (espero que non lle pareza estulta, pero tampouco se sinta obrigado)

A nena do paraugas said...

Riqueza de vocabulario, que se chama, para xogar ao despiste.

Abofé que me gustaría telo como alumno! Un gran reto! Iamos ter máis dunha conversa!