Wednesday, November 16, 2011

Natillas caseiras



Ao Leo gústanlle as natillas de chocolate mercadas. É normal. Pero Naideleo quería que comera algo máis san e fíxollas caseiras servidas nunha copa de cristal pero a Leo non lle chistou o cambio de sabor. Naideleo non se resignou e probou a enganalo uns días máis tarde. Lavou uns botes de natillas compradas e encheunos coas caseiras. Leo empezou a comer unha destas e espetoulle á nai: - " Mamá, estas natillas fixéchelas tu ! " . A nai preguntoulle: - " Por que o dis ? " . " Porque saben como as de copa de cristal ", foi a resposta. Naideleo convenceuno: - " Tés razón, pero non saben tan mal, verdade ? ". Leo seguiu a comela un pouco pensativo e soltoulle todo extrañado dalí a un chisco: - " E como fixeches o bote ? ".

13 comentarios:

Kaplan said...

Ai, pobre!

Xabres da Teixeira said...

Este Leo vai ser mundial.Xa vereis como a partir de agora as come. As da nai quero decir.

peke said...

Pobre Naideleo. Non hai quen engane os cativos.

Dilaida said...

Calquera se atreve a enganar a Leo.Espero que a partir de agora tamén lle gusten as que lle fai a súa nai.
Bicos

Ana Cosque said...

Só se me ocorre unha cousa: "Son listos coma allos!"

A nena do paraugas said...

É o que ten querer despistar a atención dunha crianza coma Leo: convencer convencerase, pero sempre ha de ter algo que pique a súa curiosidade.
Encántame este rapaz!

xenevra said...

Impagábeis os sorrisos con que nos agasallan.

Raposo said...

Hai que ver o listos que son os nenos, eh!!

mfc said...

Ehehehehehehe... está a ser difícil enganá-lo!!

Son Unha Xoaniña said...

E que son listos de raio, eu estou por escribir as ocurrencias do meu neto, as veces téñome que rir aforza,

Eva G. Rei said...

Era visto. Non hai quen os engane.
Aínda así foi boa idea o intento, e ao final hase de convencer.

Chousa da Alcandra said...

Sendo algo máis pequecha a señorita Chousa, mirando a pequena aceiteira, preguntoulle a súa nai:
- Mamá, e logo como fas para meter o aceite dentro?
Eu, por meter tralla, resposteille:
- Cólleo da botella na boca, e chímpao dentro polo furadiño.
Miroume sorprendidísima e respostou:
- E non será malo para ela?

zeltia said...

jajaja, vai saír un gourmet da comida prefabricada!
(non se lle pode negar que é capaz de aprezar a diferencia inda que se decante polos conservantes e colorantes!)