Tuesday, November 15, 2011

O casamento da raposa


Levamos uns días co tempo revolto con aires quentes, aires veloces e chuvias. Así o domingo houbo momentos que coincidían chuvia e sol, momento que en Arbo din " casa a raposa ". E o avóM lembrou o conto da raposa que quixo ir a un casamento ao ceo e ía agarrada por unha aguia. Cando lle preguntou a aguia que tal ía alá arriba de todo a raposa, con medo a cair, díxolle: " Si de esta vivo y no muero no quiero más casamiento en el cielo ".
Non puiden deixar de fotografar o momento que fixo lembrar o conto.

6 comentarios:

Aldabra said...

porque dís ti que é un ceo porque non se sabe ben nin o que é... ¡que imaxes ten a natureza!

o conto moi ameno.

biquiños,

Dilaida said...

O conto das "vodas do ceo" eu tamén o coñezo, pero o meu remata doutra maneira.
"cando ían xa moi alto, a aguia fixo un xiro e chimpou á raposa. E a raposa, ao ver que ía caer por riba dun penedo, púxose a berrar:
-Fuxe, laxe que te esfarelo, que se saio desta non torno as vodas do ceo!"
Bicos

zeltia said...

sóame moitísimo a historia da raposa... debe estar afundida no recanto máis lonxano do desván da memoria antiga.

Xabres da Teixeira said...

Eu tamén coñezo ese conto, con unha variante pequena. Quero decirche que a fotografía e moi boa.Ë moi difícil agarrar algo cambiante para darle existencia no tempo.
Apertas.

mfc said...

O tempo anda mesmo mauzinho!!
Ou a gente é que não estava habituada?!

Eva G. Rei said...

Pois eu non coñecía o conto; como moito tiña oído que cando chove e fai están a peinarse as bruxas...
Boa achega a túa, coma sempre.