leoeosseus

Wednesday, 28 December 2011

Badaladas con aceitunas



Nestes tempos de crise sempre admiro a xente con iniciativas boas. Este ano foi un ano de boas colleitas e á xente de aceites Abril ocorréuselles unha boa idea. Decidiron que xa estaba ben de despedir o ano comendo uvas coas badaladas e era millor despedilo comendo aceitunas que son máis pequenas e dixestibles e ademáis estas son galegas cen por cento e as uvas non. Esta empresa manda a casa un botiño con doce aceitunas sen carabuña e listas para comer e este ano, como é o primero, fano gratis. Núñez Feijoo e o seu goberno xa recibiron as súas aceitunas e tamén ti podes telas. Eu son máis tradicional e este ano sigo coas uvas. Neste enderezo indican onde podes recoller o produto.

Bo proveito !.

Labels:

4 Comments:

At 28/12/2011, 22:11 , Blogger Dilaida said...

Pois a inocentada na miña casa xa leva varios anos funcionando. A miña filla maior e máis eu levamos anos tomando olivas en vez de uvas, sen carabuña, coa anchoa.

Bicos

 
At 28/12/2011, 22:36 , Blogger mfc said...

Pois... a ideia é boa, mas vou seguir como tu a comer as uvas ao bater da meia noite!
Um abraço.

 
At 28/12/2011, 23:19 , Blogger zeltia said...

joder! eu fun picar alí coma unha parava!
e iso que viña do blog de chousa que tamén todos os anos gasta unha bromiña para xente coma min
grrrr :-(

(o que máis me estrañaba era que as aceitunas fosen galegas, mira ti)

 
At 29/12/2011, 10:49 , Blogger Aldabra said...

eu xa teño na casa as uvas peladas e sin pepas... xa as comprou miña nai para miña filla e para mín e que son un pouco empalagosa para comer as uvas.

biquiños,

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home