Monday, January 30, 2012

Día escolar da paz




Hoxe é o día escolar da paz e non podo deixar atrás esta imaxe.


O terreo que retrato era un campo de prácticas de tiro da Garda Civil e agora está inutilizado. Á súa beira construiron un colexio e no terreo do campo de tiro naceron "Cortaderias selloanas" onde antes caían casquillos de balas. Sei que esa pranta orixinaria das Pampas é unha praga pero sempre será millor cambiar armas por prantas.

7 comentarios:

Antón de Muros said...

As armas tamén son unha praga...

Saúdos.

Antón.

A nena do paraugas said...

Sempre son mellores as prantas ca as balas, pero por desgraza semella que no mundo hai máis balas ca prantas. Ou polo menos dedícanse máis cartos a elas. Que necedade!

Que haxa paz...

Aldabra said...

moito mellor, onde vai parar... además a mín esas prantas gústanme moito, con eses plumachos...

biquiños,

Eva G. Rei said...

Moi bo simil.
Oxalá que todas as pragas foran de plantas.
Aínda así a min gústanme moito "os plumachos", igual ca as mimosas.
Síntoo.

zeltia said...

Semella máis doado defenderse da praga das prantas, sobre todo se se manteñen "acuerteladas"

xenevra said...

E lembrar o 25de abril, foi todo un. Sempre. mellor.

mfc said...

Praga por praga... ainda bem que surgiu esta neste campo!!