leoeosseus

venres, 3 de febreiro de 2012

Bilingüismo en Zara

Zara HOME, A Coruña, Spain
This travel blog photo's source is TravelPod page: My First Critic Writing



O outro día fun a unha tenda de Zara e hai que ver que son tan bilingües que dan lugar a equívocos. Se vas a Zara Home non hai cousas para homes senón cousas do fogar. Non se che ocorra ir mercar manoplas, aneis ou reloxios a Zara Man que non ten nada que ver coa extremidade do corpo. Se entras pola tenda non lle fagas caso aos manequíns que levan camisolas coa palabra " Sale " que semella que che ordean saír nada máis entrar. Iso si, hai unha empregada que seguro que a contrataron polo seu nome. Chámase Jessi, ou sexa: Yes-Si.


Menos mal que rematan as rebaixas e así non me van saír posteos tan chorras coma este.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 03/02/12, 01:39 , Blogger Dilaida dixo...

Tes toda a razón, claro que como falan castrapo e rotulan en inglés, iso debe de gustarlle moito aos que mandan neste país. Mentres non se utilice o galego, para eles todo vai ben.
Bicos

 
Ás 03/02/12, 08:46 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

De "chorras" nada, que tes toda a razón. É o que ten ter empresarios brillantes que non teñen en conta o seu país e a súa cultura. E logo, claro, a globalización.
Vaites, vaites!

 
Ás 03/02/12, 12:08 , Blogger Ana Cosque dixo...

Lembro unha historia de Manuel Rivas na que un abría unha cafetería (ou algo así) e poñíalle de nome "Lobishome", e alguén lle preguntaba por cómo se lle ocorrera ese nome tan "cool" porque lía lobisjom, jeje

 
Ás 03/02/12, 15:13 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Estupendo Paideleo! Parei de rir para poder escribir.
¡Parabens!

 
Ás 04/02/12, 00:57 , Blogger mfc dixo...

Estás inspiradíssimo!
Gostei deste humor do post!

 
Ás 04/02/12, 02:48 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois tí dilo de carallada, pero o comercio primeiro que abriu na coruña de Zara Home, vino de lonxe e pensei que era en galego!, ao acercarme xa me percatei do meu erro, polo tipo de cousas que vendían...

 
Ás 04/02/12, 07:51 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Chorra será, pero saíuche redondo.

 
Ás 07/02/12, 12:24 , Blogger matrioska_verde dixo...

de posteo chorra, nada, é moi divertido.

bqñs,

 
Ás 09/02/12, 16:03 , Blogger Divagando sobre... dixo...

O nome de Zara Home non sei se sería posto adrede. Eu nun principio piquei, e ata fiquei abraiada pensando na defensa que do galego estaba a facer a "nobre"cadea. Logo, claro, caín na realidade e no "Xa me parecía!" Filispines!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio