Oitavo mes ( e máis un día )
A xoubiña fixo o seu oitavo mes de vida e siga cunha vitalidade imparable. Agora agataña a toda velocidade detrás de todo o que se mova. Pasou de estar sentada a agatañar rapidamente e sen pasar pola etapa de agatumar ( gatexar co corpo pegado ao chan ). Agora volve meter o polegar esquerdo na boca mesmo xogando con algo na outra man. Hai veces que lle pomos un calcetín na man esquerda para que deixe o dedo tranquilo un momento. Todo debe de ser pola dor de enxivas que lle estarán a nacer máis dentes aparte dos dous que ten. Progresou no " falar " e deixou de fungar tanto coa boca fechada e pasou a gaguexar muito tempo. Imita os movementos de cabeza para dicir non e ri cando lle rin. Vai comendo unhas veces mal e outras millor e segue coa teta. É mui curiosa e dorme ben agora de noite que aí atrás estivo atascada de mocos e espertaba cada pouco.
E segue a conta.
Etiquetas: xela I
8 comentarios:
Xela está feita unha mociña, dentro de nada verala correr e comezara o verdadeiro traballo para vós, cando queren chegar e tocar todo.
Bicos
Xa o sabes, pois tes ollos. Mais aínda así vólvocho dicir. É preciosa, ten uns ollos que enxergan un mundo e un sorriso que fai renacer camiños. Nunca perdes ese mirar de fronte, xoubiña!!
¡Aii, Sigo namorado da Xeliña!
E está liiiinda!
Como tem crescido!
E em junho já faz um anito!
...o tempo passa!
Ten un aspecto de saúde que dá gloria vela.
Está linda. Um dia destes está a caminhar. Que Deus a proteja e lhe dê um caminho livre escolhos.
Um abraço
FEMOSA DE VERAS
Gústame saber de Xela porque ten o mesmo tempo que Manu e fan as mesmas cousas. Ademáis, aprendin a diferencia entre agatañar e agatumar (e engado que Manu agatuma polo momento). Pobriños a dor que teñen cos dentes... algunha vez, escoitei ou lin que esquecemos esa dor porque, se a tivésemos de maiores, sería insoportable.
Bicos a Xela!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio