leoeosseus

domingo, 4 de marzo de 2012

Festas de sempre



Por estes lares estamos en festas e no luminoso da entrada teñen un toque actualísimo co punteiro estilo ordenador. Na música atronadora seguen co estilo invariable de toda a vida con cumbias, pasodobles, rancheras e demáis músicas vacilonas e bailonas de hai cincuenta anos para acá. Nestas festas podemos topar verdadeiros héroes como os rosquilleiros ou a banda de música que desfila imperturbable baixo a chuvia sen ninguén que os vexa polo camiño. Tamén descubrín que hai unha " Cumbia del cucumelo " que me espertou a orella filolóxica e tiven que aclarar na interrede o significado dese " cucumelo ". Outro asunto é que hai rancheras como " Mátalas " que non sei como as seguen cantando nestes tempos onde o " crime pasional " está tan mal visto con toda a razón do mundo.

En fin, visto o visto non hai nada novo baixo o sol.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 04/03/12, 23:11 , Blogger Dilaida dixo...

As festas son para divertirse e aproveitalas ben.
Bicos

 
Ás 04/03/12, 23:12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Agora que se achega a primavera logo veñen as chamadas ultimamente "Festas da Xuventude", e todos os noviños iremos mover o esqueleto a ritmo de cumbias e pasodobles, si.

(Eu atopei a palabra, con algo de variante fonética aquí: http://www.estraviz.org/Cocomelo )

 
Ás 05/03/12, 08:31 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Non sei se é que tiraba o aire do oeste pero, por desgraza, ás veces tamén se oía esa "música" na nosa casa. Lembreime moitas veces de vós e de como durmirían os nenos con ese ruído atronador.

 
Ás 05/03/12, 23:57 , Blogger mfc dixo...

As festas verdadeiras e genuínas sempre são vividas com alegria.

 
Ás 06/03/12, 10:00 , Blogger matrioska_verde dixo...

e supoño que tamén soaría a de:

Nossa, nossa
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

Delícia, delícia
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

biquiños e espero que o pasarades ben e votasedes unhs bailes.

 
Ás 06/03/12, 21:52 , Blogger o canto da lúa dixo...

Sempre me gustaron as festas de fóra,pero a música, dende que está tan de moda a salsa, non as soporto!
prefiro escoitar a música da nosa terra.
Un saúdo.

 
Ás 07/03/12, 06:53 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois a gozar das festas, que para mágoas xa nos chega o que se le a diario na prensa!

 
Ás 08/03/12, 11:19 , Blogger Mer dixo...

a pasalo ben!!!

 
Ás 08/03/12, 13:56 , Blogger Paz Zeltia dixo...

inda bo é que di que nos mate con sobredose ternura, con flores e cariño.
claro que, o da pistola non me cadra. E a daga tampouco.

Non me deixa ir ao enlace do significado da palabriña, (non quero entrar en detalles)
PERO puiden ir ao enlace que deixa Chousa.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio