Noveno mes
Aquí está a macaquiña da casa no seu noveno mes. Segue activísima e espabilada. Agataña sen medo por todas partes e se lle dis que non toque ou faga algo; ela ri, arrandea a cabeza dicindo que non e fai o que lle peta. Levántase agarrándose a mobles ou a unha perna nosa e sóltase dunha man e todo. Non empezou a andar pero pouco lle ha de faltar. Segue cos seus dentes de abaixo e mete muito o polegar esquerdo na boca para todo.Supoñemos que ten os dentes de arriba para saír e non a deixan tranquila. Di muito " papapapa "," babababa " e "mamamama " sobre todo para pedir ou protestar por algo. No comer é de baixo mantemento que non lle encanta nada en concreto e hai que facerlle mil historias para que coma algo.
E a conta segue.
Etiquetas: xela I
10 comentarios:
Parabéns pola pequena.
Disfrutade do mellor da vida ;-)
Apertas.
Antón.
Esforzádesvos ben para nutrila, que a MACAQUIÑA está moi repoluda e fermosa.
Está fermosa, fermosa.
Bicos
¡Carafio!. A macaquiña hirmá de Leo está xa feita unha moza. O Leo estará contente!. Parabens a todos.
E a conta segue e seguirá... sempre com novas surpresas!
Vê-los crescer é um verdadeiro regalo!
fáisenos grande a pequena!!!
un bico de carambelo para ela e o Leo.
Que cuquiña está!!
Eu comín e crecín a base de contos, así que... Paciencia!
canto se parecen os dous irmáns no sorriso... está moi fermosa.
biquiños,
hai contas tan bonitiñas de levar... coma esta de ver medrar unha persoa tan linda.
Vaia axóuxere! Así calquera! Non tedes tempo de vos aburrir con esas fermosímas e alegres xoíñas!
Dá gusto vela!
Bicos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio