leoeosseus

Tuesday 20 March 2012

Travesía de las Necesidades


O outro día enteireime de que Google Maps ampliou bastante a área que recolle e fun dar un " paseo " por Vilaguindastre adiante. Descubrín algunhas persoas veciñas, constatei a evolución dalgunhas obras porque hai fotos de datas distintas e por eso mesmo tiven a posibilidade case máxica de ver o meu coche en dous sitios distintos: aparcado diante da vivenda e diante do traballo.
O máis curioso foi que descubrín unha calexa cun nome rechamante e pintoresco que é a Travesía de las Necesidades. O que non sei eu é que necesidades poden ser esas para seren satisfeitas nun calexón privado. Investiguei en Google Maps a ver se existían máis travesías de necesidades no mundo pero só Vilaguindastre ten o dubidoso mérito de ter un lugar con tal nome.

Labels: , ,

12 Comments:

At 20/03/2012 22:52 , Blogger Dilaida said...

Que sorte! cando teñades "necesidades" non tedes máis que ir alí. Ademais iso de ser únicos en ter unha rúa con ese nome iso tamén é importante.
Bicos

 
At 21/03/2012 00:46 , Blogger elvira carvalho said...

Se em Portugal existe um pácio das Necessidades, porque não uma rua com o nome de Travessa das Necessidade?
Um abraço e tudo de bom para si

 
At 21/03/2012 03:12 , Blogger mfc said...

Aqui esse nome também é vulgar como nome de ruas e travessas!

Agora podemos ver tudo na net... qualquer dia até nos tiram fotos à janela!

 
At 21/03/2012 08:34 , Anonymous Eva G. Rei said...

De primeiras pensei que era un erro de google (non teñen ben escritos os nomes das rúas - unhas son "calles", outras rúas, noutras o nome está mal...)pero así o teñen na web do concello.
Coa de nomes que se poderían rescatar da toponimia, a quen se lle ocorrería poñerlle ese?
Que país!

 
At 21/03/2012 13:48 , Blogger Aldabra said...

pero mira que és ocurrente, home.

o nome da calle ten seu aquel, e suxire moitas bromas.

biquiños,

 
At 21/03/2012 21:15 , Blogger elvira carvalho said...

Passei amigo. E reparei que no comentário anteroior escrevi Pacio em vez de palácio. Peço desculpa.
Um abraço

 
At 23/03/2012 12:57 , Blogger Peke said...

A min gustoume unha ruela de Muros que se chama rúa da amargura. Esa tú das necesidades é francamente suxestiva.

 
At 23/03/2012 13:51 , Anonymous Rosa Varela said...

Poñeríanlle o nome pensando nos cans... será a rúa para eles, pero probiños, fáltalle un pouco de verde...

 
At 24/03/2012 11:39 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Pois non haberá máis rúas con ese nome, pero con necesidades...habelas hainas!. Á miña, sen ir máis lonxe, víñalle ben unha limpeza de cableados, por exemplo.

(Relacionado co teu anterior posteo, en Antas se escoitamos falar dunha "lampreada" pensaríamos que alguén levou un tortazo na cara, antes que nun suculento ágape. Que cousas!)

 
At 24/03/2012 18:18 , Blogger Raposo said...

A min sóame o de "Calle de la Necesidad" aínda que non sei onde é. Investigarei, por si acaso.

 
At 24/03/2012 18:23 , Blogger Raposo said...

Por certo, en Vigo, na parroquia de Beade, hai a rúa da Vaca Morta. Sempre me fixo graza ese nome.

 
At 26/03/2012 14:52 , Blogger zeltia said...

as túas curiosidades son ben curiosas (bueno, quen non fixo o mesmo verdade?)
pero o do coche nos dous sitios, jaja, se non souberamos como funciona a cousa parecería cousa de maxia.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home