Arden as fragas do Eume
Mentres eu paseaba onte polo río Tea e fotografaba esta insua bucólica, ardían as fragas do Eume. Hoxe estou a escribir e seguen a arder. Sempre lamentarei non telas visitado antes. O pior de todo é que non sei se os meus fillos terán a sorte de visitalas algunha vez co esplendor de antes.
Etiquetas: natureza V
9 comentarios:
É uma tristeza o que andam a fazer às nossas matas!!
é terrível, eu tampoco antes as tinha visitado e agora xa é tarde :(
bicoss
Espero que Leo e Xela aínda podar comprobar a enorme riqueza e beleza que existe nas Fragas do Eume, talvez nunca volvan a ser as mesmas, pero apesar do lume, das malas políticas e das cousas a medio facer ou non feitas, eu teño a esperanza que volverán a ser xoia que antes eran.
Bicos
Estou exactamente na mesma tesiturca ca ti. Moito falamos estas últimas horas sobre esa visita sempre pendente e que agora xa non vai ser nunca o mesmo.
Ogallá Dilaida teña razón.
Na tristeza é onde temos que sacar a esperanza. Víase vir, aquí na ribeira do cabe que vostede coñece ben xa tivemos dous incendios a mediados de marzo. Neste país a política de prevención é 0
Arderon as Fragas do Eume, e outras moitas sen nome... E a auga non chega!
Eu tamén agardo que se repoñan pronto. Haberá que confiar na Terra. Ela nunca defrauda!
Bicos.
creo que dentro do malo do asunto aínda vas poder disfrutar da beleza do corazón das Fragas porque o incendio non afectou ó meollo (aínda que todo o conxunto é importante)... así que aproveita calquer día libre e ven velas, home, que merece moito a pena.
mentras, déixoche un enlace para que as disfrutes desde os meus ollos:
http://congoyyo.blogspot.com.es/2009/05/eume.html
biquiños,
É terrible, non me explico por qué non se fai nada contra esta lacra.
Eu estiven alí fai bastantes anos, se ben daquela non lle prestaba tanto a atención ás nosas maravillas galegas, aínda así me encantaran. Creo que a Natureza é sabia e se recuperaran, se estamos á espera de que o faga o home, non sei se non estaremos apañados.
Eu tamen falo algo diso no blog (ás veces, escribo...)
Un saúdo
dende sempre un refuxo do corazón, aptas para calquera momento, para calquera sentimento. Pilloume a noticia en Lisboa; deixaba ardendo Ourense cando marchei. Parece que os nosos gobernantes están empeñados en que sexamos a terra do lume.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio