Héroes
Héroe é unha persoa que non se rende á maioría e ten claras as ideas tanto na mente coma no corazón coma August Landmesser que casou cunha xudía e negouse a saudar a Hitler en plena euforia nazi.
Un héroe tamén pode ser un xubilado que prefire suicidarse diante do seu goberno antes que andar a remexer no lixo para poder comer como foi o caso de Dimitris Christoulas.
Para min matar osos borrachos ou elefantes a distancia non é cousa de héroes.
Deixo unha foto dun arco do trono adicada a tantos e tantos héroes de cada día que buscan o pan de forma honrada.
Etiquetas: curiosidades VIII
4 comentarios:
Assino por baixo tudo o que disseste.
Um grande abraço.
nunca ouvín o do "arco do trono", sempre esocitei e sempre digo "arco da vella".
do outro... pois que tés toda a razón, home.
biquiños,
algúns herois a min tamén me parecen un pouco tolos; pero iso é porque ás caguicas coma min lle é máis doado consideralos tolos a eles que covarde a min.
ás veces tamen hai herois e mulleres heroicas das que nunca nada se soubo porque a súa heroicidade foi manterse chantados caladiñamente por coidar dos seus fillos e fillas, por coidar dos seus pais vellos. E a rabia que tragaron trocóuselle en úlcera de estómago.
No tocante ao ser heroi por matar elefantes de lonxe (nin de cerca) e outras falcatruadas, que hei dicir?
Totalmente de acordo con todo o que nos contas.
Ser heroe é outra cousa, como por exemplo, renunciar a metade da asignación para darlla aos que non teñen que comer por culpa da crise.
Pero neste país pagamos e protexemos e deixamos que nos mangonee un home que gasta os nosos cartos asasinando elefantes, osos borrachos e poñéndolle os cornos a súa muller con amigas pagadas por nós. Que conste, que isto último a min non me importaría nada se o pagase el.
Bicos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio