Indo e vindo
Hai xente que non lle mira validez e posibilidades ao idioma galego nesta sociedade actual e eu non estou de acordo. Sempre me gustaron as ideas orixinais e iso de pórlle o nome Irevir a unha empresa de mensaxería urxente paréceme caralludo.
Tamén me gustan os dicionarios e a historia que traen detrás as palabras así que ligo aquí o Disionario da Revolusionaria Academia Morrasense da Lingua ( morrasense-jodechincho ).
Que o desfrutes coma min !.
Non deixes de botarlle unha ollada na ligazón ao vídeo Os Jodechinchos: son tres minutos divertidos.
Etiquetas: lingua VII
5 comentarios:
Grazas pola páxina, xa marquei, mañá botareille unha ollada.
Bicos
Moi instrutivo o enlace! Cartos ou traballo non haberá, pero retranca, mimadriña!
Está bárbaro!
Por isso são línguas vivas!!
Têm as palavras certas para as situações concretas!
Um abraço.
a xente ten moita "ajudesa"... vo buscar no dicionario.
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio