Leo e o amor
O Leo leva un tempo un pouco repugnante no trato pero ten días gloriosos que borran eses malos momentos. Encántame cando me colle por banda e mándame facer deberes. Colle un folio reutilizado e mándame en plan profesor escribir palabras ou números ou debuxar algo. Eu sempre lle pido que sexan fáciles de facer e que me axude e el faino todo cheo de razón.
Onte cambiou de xogo e púxose a clasificar fotos imprimidas e topou a que subo no posteo que é do ano pasado. Entón explicou: " Aquí estamos Pascuala i eu facendo o amor ". Eu pregunteille que era iso e el respondeume: " É dar bicos, abrazos e chocar a man ".
Pero cando me fixo gracia de verdade foi o día que dixo que tiña novia no cole: " A miña novia é Uxía ". Eu, sabendo como son estes amores, pregunteille cun chisco de malicia: " E ela sábeo ? " ao que el retrucou: " Non, aínda non sabe que é miña ".
Etiquetas: leo VIII
11 comentarios:
jajaja, bendita inocencia.
Bicos
_♥♥_♥♥
_♥♥___♥♥
_♥♥___♥♥_________♥♥♥♥
_♥♥___♥♥_______♥♥___♥♥♥♥
_♥♥__♥♥_______♥___♥♥___♥♥
__♥♥__♥______♥__♥♥__♥♥♥__♥♥
___♥♥__♥____♥__♥♥_____♥♥__♥_____
____♥♥_♥♥__♥♥_♥♥________♥♥
____♥♥___♥♥__♥♥
___♥___________♥
__♥_____________♥
_♥____♥_____♥____♥
_♥____/___@_____♥
_♥______/♥__/___♥
___♥_____W_____♥
_____♥♥_____♥♥
_______♥♥♥♥♥
Passei para desejar uma Santa e feliz Páscoa. Que o espirito da Páscoa perdure em toda a humanidade, para que se construa um mundo mais justo.
Abraço
Leo é uma gracinha. Todas as crianças nestas idades o são. Minha neta tem 3 anos feitos em Fevereiro. Desde sempre eu tomo conta dela porque a mãe trabalha. Então quando a mãe a deixa comigo de manhã ela sempre diz "Até logo mãe. Bom trabalho e porta-te bem"
Abraço
A súa frase final ten tela. Esperemos que non a interiorice de verdade. ;)
Que diálogos mais lindos!!
É isto que nos vai fazendo sorrir.
Um abraço.
encántanme estas barruntadas do Leo, vexe que entre Pascuala e mais él había moito filing.
Gústame a súa definición de facer o amor :D
Amor primeiro......amor verdadeiro...O como cantaba MAri Trina, tantos anos xa......
El amor es una barca
con dos remos en el mar
un remo lo tiene mi mano
el otro lo mueve el azar.
AMORES LOS TIENEN TODOS.....
O leo tenche as cousas claras ;)
haberá outras mozas... pero coma a rá pascuala, ningunha!
hai que ter tino con esa cultura que nos arrodea! a ver que se lle pegha! que iso de "miña" despois xa ves nos telediarios como termina!
:-)
encantoume o post.
Pobre Leiño; canto vai sofrir cando se decate de que, na realidade, somos nós delas...
:-)
Unha aperta
Sempre dixen que este bonito neno chegaría lonxe! E vai por moi bo camiño!
Bicos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio