A miña heroína
A miña heroína non é lady Gaga senón lady Gu-Gún que é o grito de guerra de Xela cando quere algo.
Estes días empeza a soltarse das dúas mans estando de pé e non ten medo. O sitio preferido é onda o botixo da cociña: apóiase nel coas dúas mans, logo solta unha e logo a outra e queda uns instantes así.
E hoxe deixoume abraiado cando eu lle ensinaba unha peza dun xogo de construción cun color e forma determinados e logo metíaa na caixa con outras pezas. Pedíalla a Xela e Xela devolvíame a mesma peza.
Unha nena así ten que ser a miña heroína á forza.
Etiquetas: xela I
9 comentarios:
Está preciosa e tente conquistado de todo.
Dálle un biquiño da miña parte, outro para Leo.
Non me estraña que sexa a túa heroína... Está feita unha lagharta!
Agora xa estás no punto polo que pasou un que ti xa sabes, que de babear pasou directamente a "chochear".
Íache regalar un babeiro polo aniversario pero acabo de caer na conta de que xa pasou. Parabéns para ti para MamáXela.
Apertas.
¡Canta agudeza tén vostede!... Lady Gu-gún... insuperable.
biquiños para esa preciosidade de nena que tén, e para Leo, claro.
biquiños,
¡UUUAAAUU!, ¡Que sorriso, e que ollazos!
Que linda!
E que bonito ver todos os seus progressos quase diários!
Que linda está Amigo. Que Deus a abençõe e lhe dê um mundo mais justo e um futuro melhor que o nosso.
Um abraço
Ten por seguro que ti es o seu heroe tamén.
(Despois virá un tempo no que evolucionarás a cavernícola, pero de momento aínda está lonxe iso)
Apertas
como dí chousa sodes un o admirador do outro.
medra sana, linda, lista e guapa, que máis podes pedir?
Ten cara de espilida, así que non me estraña.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio