leoeosseus

Sunday, 20 May 2012

Números agrarios



E falando de números hai que falar dos números agrarios. Estes números danse, como indica o nome, nas zonas rurais. Acostuman aparecer a última hora de domingo ou festivo cando toca deixar a zona agraria e familiar que se visitou e chega a hora da volta ao domicilio laboral e escolar do resto da semana. Estes números acostuman ser múltiplos por un e medio, por dous ou máis de outros números nomeados anteriormente. Explícome.Vai a avoaM e di: "- Queres levar ovos ?. " Eu dígolle: "- Vale, pero só media ducia. " E vai ela e dá unha ducia ou ducia e media e aínda di, cáseque pedindo perdón, que non ten máis para dar. Este é un exemplo pero vale para todo tipo de produto agrario como fruita, patacas, cebolas, hortalizas, pratos feitos, etc. etc. E non vale de nada queixarse porque a avoaM espétame un "- Benocomes. " que non dá lugar a seguir discutindo.
Ben poderían aprender desta xenerosidade dos números agrarios tanto o Estado coma os bancos pero para min que vai ser que non.

Labels:

9 Comments:

At 20/05/2012, 23:26 , Blogger insomniorizar said...

que grandes os números agrarios!

 
At 20/05/2012, 23:45 , Blogger Dilaida said...

É que iso é un dos deberes das avoas. Ao longo de moitos anos a min tocoume recibir, e como ti dis sempre multiplicado. Agora que xa non están ás que enchían a maleta do coche para que puidésemos alimentarnos ben toda a semana, tócame a min , como avoa que son, encher as maletas dos coches.
Bicos

 
At 21/05/2012, 01:20 , Blogger Dilaida said...

A foto das Fragas do Eume fíxena o día 12 deste mes. Aínda que se ve por onde ardeu, penso que non foi tanto como se pensaba. Eu estiven no mosteiro de Caaveiro e alí está todo ben, non ardeu nada. Eu non o vira dende que o restauraron e quedou moi ben.

 
At 21/05/2012, 08:51 , Anonymous Eva G. Rei said...

Pois si, benditas avoas e tías do rural!
No caso dos bancos, "benocomen", que non hai cousa que lles chegue...

 
At 21/05/2012, 11:51 , Blogger Peke said...

No meu caso é unha veciña que ten galiñas e ás veces regálanlle peixe. Inevitablemente sempre nos caen ovos e peixe, aínda que lle digamos que non. Cando a imos visitar, non queda tranquila se non marchamos con algo.

 
At 21/05/2012, 13:11 , Blogger Aldabra said...

e que non se pode compara unha nai o unha avoa (eu xa non teño avoas nin avós)... dun tempo a esta parte, miña nai, para que eu non lle rife dille a miña parella: "tróxeche un anaco de empanada" o como antonte "fíxenche un flan" como si o fora comer él só.

dalles satisfación ofrecernos cousas e a nós que nos costa agradecer e listo, ¿verdade?

biquiños,

 
At 21/05/2012, 21:48 , Blogger elvira carvalho said...

Ora aí está uma coisa em que estou absolutamente de acordo consigo.
Ainda me lembro da primeira vez que a minha mãe me disse para eu pegar no quintal meia duzia de tomates bem maduros para ela fazer doce. E não é que eu lhe levei 6? Quase me fulminava com o olhar e ainda me perguntou que quantidade de doce é que ela ia fazer com aquyilo.
Um abraço

 
At 22/05/2012, 11:27 , Blogger zeltia said...

todas as persoas que non temos nais ou avoas no rural, somos orfos.
:-)
Digo en feminino porque adoita ser así, pero tamén os homes son igual de xenerosos:
"dalle aí aos rapaces..." :-)

as macetas teñen boa pinta. Eu teño unha terraza, e un ano por outro non me decido a prantar...

 
At 23/05/2012, 02:59 , Blogger Jorge CimadeVila said...

un amigo meu chama a iso "os asaltadespensas", esta vostede feito un bo!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home