Undécimo mes
Aquí temos o fervellico da casa. Alá a vai ela a onde hai movemento. Se abrimos unha porta, ela vai atrás e dá o mesmo que sexa a neveira, un armario ou a porta da casa. Desprázase a toda velocidade agatañando, co correpasillos ou enganchada a unha man dun adulto e onte deu o seu primeiro pasiño sen decatarse. Calquera día destes sóltase.
No comer segue sen emocionarse demasiado pero parece que quere comer comida de maiores que bota para atrás cando mira unha papa ou un iogur. Ten seis dentiños e un sorriso fácil e meigo. Tamén ten muito carácter e chora se non consegue algo. Dorme bastante ben anque con horarios irregulares, tanto dorme sesta de mañá como de tarde, sen horario fixo. E segue sen gustarlle espirse ou vestirse ou mesmo cambiar o cueiro que chora que parece que a matan.
En fin, nada novo para quen tivo un neno, verdade ?.
Etiquetas: xela I
7 comentarios:
Linda. E olhos e boca parecidissima ao irmão. Parabéns amigo. É uma menina muito bonita. Que Deus a abençoe e proteja.
Um abraço
Moi fermosa e con esa mirada que ten, non me estrañaría nada que no futuro consiga todo o que se lle antolle do seu papá.
Bicos
Que bonita está, e eu levo máis de dous meses sen vela...
A min paréceseme cada vez máis a MamáA, e no que dis do comportamento seméllase moito á "rabuda" da miña pequena...
Olliño! acaban conseguindo o que queren...
Bicos.
xa non queda nada para que sopre a súa primeira candea... e cada día está mais bonitiña.
biquiños,
¡Uiii, Xeliña!
Vaia ollos tan cheos de vida!
E como se me despistou este post...? teríame perdido eses ollos, esa boquiña... ese pai que babea...
:-)
seguro que arestora xa non é un só paso o que dá!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio