leoeosseus

martes, 19 de xuño de 2012

Graduación


O tempo voa e o Leo gradúase en infantil e pasa a primaria. Houbo orla, entrega de diploma e todo ao estilo universitario de película. A antiga profe Maite tivo o detalle de vir e repartir detalliños entre os seus alumnos. Tamén houbo algunhas actuacións de alumnos xa que non a houbo polo día das letras galegas e Leo e uns compañeiros bailoron por libre a canción " Ai, se eu te pego ". Ao final houbo popurri de cancións de verán bailada polo profesorado e cunha rega incluida do " bombeiro " e conserxe do cole Raúl. Despóis tocou merendola e retirada.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 20/06/12, 10:04 , Blogger Dilaida dixo...

Leo está moi guapo.
Biquiños

 
Ás 20/06/12, 13:25 , Blogger Paz Zeltia dixo...

mira que fachendoso se lle ve...!
e tí tamén o estarás...
Agora unha nova etapa de estudante, xa pronto empezaredes coa pelexa dos deberes e aprobados jaja
co listos que son e o vagos que se volven...! [que un pouco de folganza sexa o peor]
:-)

 
Ás 20/06/12, 13:26 , Blogger matrioska_verde dixo...

vaia que guapiño está!

nótase a satisfación que lle enche o peito.

ai, demo, qué e esto?... ai que se che caeu a babiña "paideleo".

;-))

biquiños.

 
Ás 21/06/12, 00:03 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Que dereitiño se puxo para a foto!
O certo é que é un orgullo velo con esa traza, que parece un homiño de película.
Parabéns!

 
Ás 22/06/12, 22:15 , Blogger Peke dixo...

Deus, en primaria xa??!!!

 
Ás 22/06/12, 23:08 , Anonymous Busto. Agolada dixo...

Moitas felicidades. Que bo mozo e que cumprido!
Unha aperta garimosa que hai tempo que non vos mando.

 
Ás 24/06/12, 16:00 , Blogger mfc dixo...

A primeira etapa está passada!!
Venham agora as seguintes.
Parabéns a ele e a toda a família.
Um grande abraço para ti.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio